GT6 actualízase con 2 novos vehículos

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Polyphony Digital lanzou unha actualización para Gran Turismo 6 (ata a versión 1.15) na que introduciu 2 novos vehículos que os xogadores poderán empregar de modo gratuíto.

Estes 2 novos vehículos son o Infinity Concept, que podemos ollar no vídeo anterior e o Chevrolet Chaparral 2x

Anúnciase Sniper: Ghost Warrior 3

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

sniperghostwarrior2_review_1

CI Games, o estudo encargado do desenvolvemento da terceira entrega da saga, anunciou que o xogo está a ser desenvolvido nestes momentos.

Aseguraron que o xogo será un AAA ambientado en Europa do Este e a gran novidade, non será un xogo lineal, de modo que poderemos optar polo sixilo ou pola forza bruta para resolver os problemas ante os que nos atopemos.

A data anunciada de publicación é o primeiro trimestre de 2016 e terá versións para PC, Xbox One e PS4.

Ubisoft arma un bo lío nas Xbox One

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

assassins-creed-unity

 

Así é amigos, Ubisoft montou un bo lío con carto parche para Assassins Creed Unity en Xbox One.

Dito parche, que prometía arranxar os erros que tiña a versión anterior do xogo, converteuse nunha trampa para aqueles que tiñan instalado o anterior parche. Nestes casos, en lugar de baixar os 6,7 xigas, baixa os 40 do xogo completo.

Se es un dos afortunados que ten o xogo en formato físico, podes desinstalalo e volver a instalalo para que se baixe únicamente o parche, en caso de telo en versión dixital, vaste ter que tragar a descarga dos 40 xigas.

WiiU_SmashBros_scrnC01_01_E3

Nintendo anunciou que o seu xogo de loita, Super Smash Bros, non recibirá actualizacións nun futuro próximo, para balancear o xogo nas versións de Wii U e 3DS. Isto, obviamente, sen contar o DLC que incluirá a Mewtwo como personaxe xogábel, que polo visto será a primeira e única proba de Nintendo coas actualizacións para o Smash Bros.

Nunha entrevista para Videogamer, Masahiro Sakurai, director do xogo, declarou:

“Entendo que os DLC poden engadir moito ao atractivo do Smash Bros., e son consciente de que a maior parte da excitación por estes xogos vén polas personaxes que aparecen nel, polo que penso que os fans poden desfrutar moito con novos DLC que manteñan a súa excitación. Porén, penso que podería haber moitas críticas dicindo que estamos a cortar o xogo para ir vendendo personaxes un por un, ou que estamos a engadr cousas que deberan estar desde o comezo.

O que podo dicir que DLC pagos é que non estamos a traballar en ningún no momento. Puxemos todos os nosos esforzos en crear o xogo real. Crear DLC implicaría un custo adicional elevado e require o envolvemento de moita xente”.

Assassin’s Creed Unity recibe o seu carto parche

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

image_assassin_s_creed_unity-25823-2908_0001

Ainda que Ubisoft non o anunciou oficialmente, o cuarto parche para Assassin’s Creed Unity xa está dispoñible en PC e PS4.

Supostamente ocupa algo máis de 6,5 xigabytes e debería arranxar case todos os problemas que leva sufrindo o xogo desde o minuto un. A versión para Xbox aínda non está ao dispor dos xogadores.

Os atracos chegarán a GTA online en 2015

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

gta-v-robos

Rockstar anunciou que os atracos chegarán a GTA online a comezos do vindeiro ano 2015 en todas as versións do xogo.

Estes atracos consistirán nunha partida cooperativa de até 4 xogadores, para o que disporán de novos vehículos, armas e roupa.

Total War Arena comeza a alfa pechada

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Sega anunciou hoxe que o seu futuro F2P baseado na saga Total War, Total War Arena entra en alfa pechada, para a que podedes solicitar convite desde esta ligazón.

Este xogo será un multixogador online de estratexia con enfrontamentos de 10 contra 10 xogadores, no que cada un deles manexará un grupo de unidades. As partidas serán curtas e o obxectivo será destruír ou conquistar a base do rival.

Total-War-Arena-1

Total War Arena entrará en fase beta a comezos do 2015 polo declarado ata agora.

The Witcher 3 permitirá xogar con Ciri

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

ciri_in_the_witcher_3_wild_hunt-wide

 

A nova entrega do xogo baseado na saga de Geralt de Rivia terá en determinados momentos a Ciri como protagonista en lugar do lobo branco, pero cun papel con moito peso no narrativo e non tanto no xogábel, xa que o tempo no que a manexaremos será bastante curto na lonxitude total do xogo.

Paga a pena recordar que Ciri é un dos personaxes máis queridos polos lectores da saga escsrita por Andrzej Sapkowski e un dos máis importantes na vida de Geralt.

Hatred é retirado de Steam

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 14:00 COMENTAR

images

Valve acaba de retirar de Steam Greenlight o polémico Hatred, que estaba a ser moi criticado polos seus nivéis de violencia.

Deste modo, o estudo Destructive Creations terá que buscar un novo medio de distribución para o seu xogo, aínda que trala retirada de Steam, está por ver se o acadan ou non.

Trine: Enchanted Edition chegará a PS4 e Wii U

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

A versión embelecida (se iso é  posíbel) de Trine, o xogo de prataformas desenvolto por Frozenbyte, chegará a PS4  o 17 de Decembro a través de PSN cun prezo de 12.99€.

Esta versión promete unha resolución de 1080p a 60fps na máquina de Sony, mentras que para a consola de Nintendo aínda non hai datas concretas, pero dende Frozenbyte falaron de Xaneiro como data de publicación, polo que haberá que ter o ollo botado na tenda de Nintendo a partir de ano novo, que de seguro que paga a pena.

 

 

Uncharted 4 podería publicarse en verán de 2015

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

A cadea de tendas Tesco mostrou por erro durante un breve intre de tempo a data 31/07/2015 como a data de saída da carta entrega da saga protagonizada por Nathan Drake. Agora mesmo xa o trocaron de novo e aparece como o 31/12/2015, xa que o xogo non ten data oficial de publicación polo de agora.

http://youtu.be/46nbTVJ5Vg

O xogo, que acaba de mostrar un novo vídeo en que se podía ver o gameplay, é seguramente o título máis agardado da PS4, xa que os 3 anteriores, especialmente o segundo, deixaron o nivel moi alto, sendo seguramente superados únicamente por outro xogo de Naughty Dog como foi The Last of Us.

DayZ chegará as tendas en 2016

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Vybor_Exit

Bohemia Interactive declarou que DayZ entrará neste vindeiro 2015 en fase beta e que para o ano 2016 ten prevista a súa aparición nas tendas cunha versión release estable totalmente.

Despois do éxito do mod para Arma II que plantou a semente para o desenvolvemento deste xogo, as críticas e as peticións e esixencias dos xogadores non paran, e máis ainda desde que chegaran aos 2 millóns de copias vendidas no Early Access de Steam. O desenvolvemento deste xogo pasou por fases de novas moi contraditorias, e mesmo o creador do mod, Dean Hall, marchou do estudo que está a desenvolver DayZ para fundar o seu propio.

Da versión de PS4 non se comentou nada novo, mentres que para Xbox One continuamos sen saber se existirá ou non.