Xbox One recibiu un novo SDK o pasado 12 de Decembro, que supostamente é a causa da mellora de rendemento da máquina.
Deste modo, esta nova versión do SDK optimizaría a xestión da memoria eSRAM, que permite ós desenvolvedores facer operacións que ata agora non podían. A maiores destas mellora, supostamente os desenvolvedores son quen de activar e traballar con 7º núcleo do procesador da consola dende Outubro, o que permite aumentar o rendemento do mesmo ata un 15%, ca limitación de non poder usar o Kinect, xa que dito núcleo estaría dedicado ó seu manexo, polo que para poder aproveitar esa potencia extra a cámara ten que estar desactivada.