Xa podemos xogar a Alchemilla

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Pode que a moitos non vos soe o nome Alchemilla, pero de seguro que Silent Hill si que o fai. Antes de seguir lendo, botade unha ollada a este vídeo:

Alchemilla é un mod feito para o motor Source baseado no universo Silent Hill, pero os seus creadores recalcan unha e outra vez que non é unha versión de ningún dos xogos da saga.

O xogo está baseado por completo en resolver puzles, mantendo da lexendaria saga a presión de non ter modo de defenderse dos inimigos mentras tentas atopar as solucións, o que de seguro que fará que máis de un recorde as sensacións provocadas polo xogo de Konami.

Xa que é un mod, Alchemilla require ter instalado no noso equipo a ferramenta Source SDK Single Player 2013, que está entre as que poden ser descargadas gratuitamente dende Steam, e o xogo o podemos descargar dende esta web.

Por fin podemos saber canto tempo temos de xogo

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 13:00 COMENTAR

Así é amigos, por fin podemos coñecer o tempo que necesitamos para rematarnos todos os xogos da nosa libraría de Steam.

A web SteamLeft, á que podedes acceder dende aquí, mostranos, simplemente metendo o noso usuario da plataforma de Valve, coñecer o tempo necesario para tal fazaña. Hai que estar atento a que a configuración de privacidade estea coma pública ou do contrario a web non será quen de facer o cálculo, pero en caso de que non a teñamos así colocada, na propia páxina temos instruccións de como trocala.

A min sáeme un total de 2177 horas ou, o que é o mesmo, ver a serie Friends entera 25 veces , traballar 54 semanas completas ou viaxar á velocidade da luz entre o Sol e Plutón 200 veces. ¿E a vós?

Hatred entra nun reducido clube

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

s5

A ESRB, a encargada de fixar as idades recomendadas para os xogos publicados en USA, tomou a decisión de calificar ó polémico Hatred coma “Adults only”.

Deste modo, o xogo convértese no segundo en toda a historia que recibe dita calificación, sendo o primeiro en facelo Thrill Kill, para PlayStation, un xogo de 1998 que non chegou a ser publicado debido ás presións e á compra do seu desenvolvedor, Virgin Interactive por Electronic Arts. Pero iso non impediu que o xogo finalmente saira ó público, xa que extraballadores do estudo encargáronse de filtrar a versión definitiva (que xa estaba rematada cando o xogo foi cancelado trala compra da empresa) no Internet.

¿E qué supón dita calificación para Hatred? En primeiro lugar, que o xogo non sairá en ningunha das consolas, xa que Sony, Nintendo e Microsoft teñen políticas moi claras acerca dos xogos que reciben esta calificación. Ante estas novas, Destructive Creations, os estudo que desenvolveu o xogo, xa declarou que non ía ser trocado o contido, polo cal a única versión que poderemos xogar será a de PC.

NASCAR chega á nova xeración

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

maxresdefault

A NASCAR, o popular campionato de coches de “serie” en USA, que ten lugar maioritariamente en percorridos ovalados, chegará por fin á nova xeración no vindeiro 2016.

Deste modo, un estudo norteamericano (máis concretamente de Carolina do Norte), está a desenvolver o videoxogo, do que poucos datos se coñecen polo momento, básicamente o ano de publicación xa citado e que terá versións para PC, PS4 e Xbox One.

 

Total War: Attila mostra un novo vídeo

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

O vindeiro xogo da saga Total War, que estará baseado no rei dos hunos mostrou un novo trailer, no que podemos ver unha das novas características que aporta esta entrega á saga: o movemento das civilizacións.

Deste modo, un pobo poderá trocar nunha columna nómada e liscar do seu fogar ante unha amenaza, o que de seguro salvará a moitas das nosas unidades que noutros xogos da saga ían ter un destino fatal, ou permitirá facer que a nosa civilización pase a ser un exército móvil xigante, co que poder atacar dun modo non visto nunca antes na saga ós nosos inimigos.

O xogo chegará ós nosos PC o vindeiro 17 de Febreiro.

Anúnciase un novo xogo de Sid Meier

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

2K Games anunciou un novo xogo do lexendario deseñador Sid Meier, que continúa a temática do último Civilization, isto é, unha aproximación á estratexia espacial.

Polo de agora pouco se sabe do xogo máis aló do trailer ensinado e que chegará a PC, Mac e iOS na vindeira primaveira.

Project CARS mostra un novo trailer

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Tras anunciar un retraso na súa saída ó mercado o pasado mes de Novembro e fixar como nova data de publicación o vindeiro 20 de Marzal.

Para ir preparando ós xogadores, recentemente publicaron o trailer que aparece enriba destas liñas, no que podemos ver varios dos coches que teremos posibilidade de manexar.

Temos que recordar que o xogo terá versións para PC, Xbox One, PS4 e Wii U.

Dying Light retrasa unha das súas versións

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

image_dying_light-22939-2724_0002

A versión física do xogo Dying Light sofre un retraso en Europa, pero aínda non se coñecen datas exactas.

A versión dixital do xogo de Techland chegará na mesma data que xa tiña, esto é, o 30 de Xaneiro en Europa, data que ía ser a mesma para a versión física, pero con este troco, a versión dixital mantén a súa data, pero a física sofre un retraso, do que todavía non se coñecen máis datos.

Amplitude sofre un retraso

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 10:01 COMENTAR

AmplitudeHD

Os desenvolvedores de Amplitude, o estudo Harmonix, anunciou que o seu novo xogo, chamado Harmonix sofre un retraso.

A publicación estaba prevista nun inicio para o vindeiro Marzal, pero aqueles que puxeron diñeiro na campaña de Kickstarter do xogo recibiron a nova de que íase retrasar ata o verán, pero sen dar datas máis concretas. O estudo di que este retraso é culpa de que é o seu primeiro traballo en PS4 e que están en aprendizaxe aínda.

The Order 1886 xa superou a fase Beta

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

the_order_1886_14008882434694

O estudo de desenvolvemento Ready at Dawn, o encargado do videoxogo The Order 1886, anunciou que dito xogo superara xa a fase Beta de desenvolvemento, polo cal o desenvolvemento puramente dito xa rematou. Deste modo, agora queda o testeo e a promoción do xogo antes da súa saida ó público.

O xogo, un dos máis agardados para PS4, sairá o vindeiro 20 de Febreiro.

Microsoft rebaixa a Xbox One 50 dólares

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

descarga

Microsoft decidiu baixar o prezo da Xbox One de cara á campaña de Nadal 50 dólares, ata un total de 349.

Esta rebaixa tivo como resultado que a consola acadara un maior número de vendas que PS4 durante os meses de novembro e decembro. Cando a promoción rematou neste mes de Xaneiro, Microsoft comezou a sospeitar que cando a consola recuperara o seu antigo prezo podería ter unha baixada nas vendas, de modo que decidiron extender a promoción.

Deste modo, Microsoft volveu rebaixar o prezo da One ate os 349$ en USA, pero desta vez sen unha data límite para a promoción, polo cal é de esperar que dita cantidade pase a ser o novo prezo de venda oficial da máquina. Temos que recalcar que, polo de agora, a rebaixa é soamente para o territorio norteamericán, pero é de supor que a cantidade rematará por extenderse a todos.

Hotline Miami 2 non chegará a Australia

Por: Venres, 16 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Hotline-Miami-2

Xa sabiamos que Australia era especial para as empresas de videoxogos pola súa regulación na clasificación por idades.

Deste modo, o novo xogo de Dennaton Games non é que acadara a máxima clasificación posíbel entre as idades, é que directamente non obtivo calificación. Este feito supón que o xogo non pasou o filtro e, polo tanto, non chegará a publicarse. Polo dito no documento que denega a aprobación do xogo, a escea que provocou dita reacción foi unha na que o protagonista forza a unha rapaza despois de dispararlle.

Así pois, o estudo atópase agora nunha encrucillada, xa que poden deixar o xogo tal e como está agora ou modificar esa escea para poder saír ó mercado en Australia.