Evolve podería mellorar o seu rendemento

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

2434999-evolve2

O vindeiro mes de Febreiro, chegará o esperado Evolve, a nova creación de Turtle Rock Studios.

Recentemento, tanto os xogadores de PS4 coma os de Xbox One poideron desfrutar da demo do xogo, pero esta demo execútase a 30 fps tanto en PS4 coma en Xbox One, ca diferenza de que o xogo corre a 1080p en PS4 e 900 en One. Deste modo, o estudo declarou que van traballar para que eses 30 fps convírtanse en 60 e os 900p de Xbox One pasen a ser 1080, o que a igualaría ca versión de PS4, se non pode ser no intre da estrea, que sexa máis adiante cunha actualización.

37.000 sinaturas contra o videoxogo Toro

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

Unha petición na web Change.org tenta que Microsoft non permita a publicación do xogo Toro, que según os firmantes promove o maltrato ós animais.

O xogo, desenvolto por un estudo chamado Reco Technology, fai que o xogador colla o papel dun toureiro que percorrerá prazas de todo o mundo.

Daedalic Entertainment, o estudo desenvolvedor de Silence: The Whispered World II, tras anunciar que a súa aventura gráfica chegaría a Xbox One, declarou que tamén aterrizará en PS4.

O xogo, que aínda non ten data confirmada máis alá de que será ó longo desde 2015, data que xa vai retrasada sobre a primeira data de publicación, que era 2014, terá versións para PC, Mac, Xbox One e PS4.

Game of Thrones: A Telltale Games Series recibe un novo trailer e a súa data de publicación.

O xogo, que está dividido en 6 capítulos, mostra o segundo deles nun trailer, ó mesmo tempo que son anunciadas as datas para a publicación desta nova parte do xogo. Estas datas serán o vindeiro 3 de Febreiro en PC, Mac, PS3 e PS4 e o 4 de Febreiro para Xbox 360 e Xbox One.

Devolver Digital anuncia RONIN

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Devolver Digital anunciou RONIN, un xogo creado por Tomasz Waclawek.

Este xogo, coma podemos ver no vídeo, baséase na estratexia e no sixilo, pero ca novidade de ser un xogo por turnos. Aínda non se sabe a data de publicación, pero é de supor que será neste 2015, con versións para PC, Linux e Mac.

Plex xa está en PS3 e PS4

Por: Xoves, 22 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

Parece que os streamings están cada vez máis na boca de todo o mundo, Steam anunciou o seu servizo Steam Broadcasting fai nada e agora é o coñecido servizo de contido en streaming para películas, música  e fotos Plex anuncia que chega a PS3 e PS4.

Polo de agora o servizo nas consolas permite únicamente a reproducción de vídeo e para os que teñen mercado o servizo Plex Plus, pero é de agardar que nun futuro aparezan novas versións.

descarga (2)

Bethesda anunciou unha nova actualización para o seu MMO, que ten por nome Tamriel Unlimited.

Esta nova versión do xogo ten varias novas moi interesantes, a primeira e máis chamativa, que o xogo chegará a PS4 e Xbox One o vindeiro 9 de Xuño. A outra nova importante é que o xogo deixará de ter cuotas mensuais a partires do vindeiro 17 de Marzo, data na que esta versión do xogo chega a PC e Mac.

Aqueles que nese intre teñan o xogo, terán como agasallo a nova versión totalmente de balde.

Robotoki bota o peche

Por: Xoves, 22 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

O estudo de desenvolvemento Robotoki, que levaba dende 2012 traballando no xogo Human Element bota o peche.

Lamentablemente non foron quen de acadar os acordos necesarios para conseguir o diñeiro necesario para que os seus proxectos chegaran a bo porto, polo que teñen que pechar.

Como despedida déixannos os vídeo que está ó principio da nova, no que mostran algúns dos seus proxectos, que xa non verán a luz.

State of Decay chegará a PS4 e One

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

State_of_Decay_-_Weapons__Zeds_Guide

State of Decay anunciou unha nova versión chamada Year-One Survival Edition que sairá en PS4 e Xbox One o vindeiro 1 de Maio a un prezo de 29.99€.

Esta nova versión do xogo chegará cunha serie de actualizacións, entre as que atopamos:

  • Novos logros
  • 1500 puntos para o xogador
  • Retos de comunidade
  • Recompensas individuais
  • Grabación de partidas
  • Novas misións, vehículos, personaxes e armas

Steam xa permite retransmitir

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

10815405-905278089482412-2025495954-o-1417557827221

A nova versión do cliente de Steam engade unha das funcionalidades máis agardadas por moitos xogadores: Steam Broadcasting.

Esta nova funcionalidade, que está tanto na versión beta do cliente como na estable, proporciona o xogador un servizo similar ó de Twitch.tv, permitindo retransmitir as nosas partidos a través da rede. A maiores diso, tamén ten un contador de frames, que sempre é útil para configurar os nosos xogos e que nos aforra ter que instalar un programa a maiores.

O LoL recibe un novo modo de xogo

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

mmorpg_3

League of Legends, o referente en canto os xogos de tipo MOBA nestes intres, está a piques de ter un novo modo de xogo.

Este novo modo, chamado Nemesis Draft, fai que os equipos podan elexir os personaxes cos que xogará o equipo rival. Este modo está nestes intres nos servidores beta do xogo, pero en moi pouco tempo pasará a estar nos principais, e, polo tanto, ó alcance de todo o mundo.

Anúnciase Vampyr

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

descarga (4)

O estudo creador de xogos coma Remember Me ou Life is Strange anunciaron que se atopan en medio do desenvolvemento de Vampyr, un RPG que nos conta a historia dun vampiro.

Este xogo estará ambientado a finais da Primeira Guerra Mundial e nel tomaremos o mando dun doutor que, no seu retorno ó fogar, é mordido por un vampiro, o que provoca que se converta nun deles. Deste modo, o equipo médico deste doutor tentará curalo da súa maldición, pero o xogador terá que facer fronte a unha sede de sangue cada vez maior.

Non foi publicada aínda unha data para a publicación do xogo, pero seguramente falte moito para ese intre.