Microsoft anunciou recentemente que o seu coñecido simulador de voo, Flight Simulator, aterrizará en Steam o vindeiro 18 de Decembro. Esta edición do xogo estará desenvovolvida por Dovetail Games, os creadores de Train Simulator.

 

O recentemente publicado xogo de terror The Evil Within sofre unha rebaixa na PSN durante 48 horas, pasando de 69,90€ a 29,90€, tanto na versión para PS3 como na versión para PS4. O período do desconto termina o 17 de decembro de 2014 ás 15h, hora galega.

Dying Light, un título bastante agardado polas comunidades de PS4 e Xbox One desde que fora anunciado, funcionará a 1080p e 30 fps en PS4.

Ou iso mesmo declarou o deseñador xefe do xogo a través de Ask.fm. Despois destas declaracións, un representante do estudo de desenvolvemento completounas a través do portal Gamespot, dicindo que esas eran as condicións que teñen nestes intres e as que garanten para cando o xogo vexa a luz o vindeiro 30 de Enero, o que, dada a proximidade da publicación, non da moitas esperanzas de que poidan mellorar antes da saída o mercado.

Tamén é importante resaltar que non se falou nada da versión de Xbox One, o que nunca se sabe se son boas ou malas novas.

GTA V para PC podería correr a 60 fps

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

Os problemas de rendemento de GTA IV en PC son de sobra coñecidos por todos, pero parece que en Rockstar non están dispostos a que o mesmo volva ocorrer no novo título da saga.

Deste modo, dende certas fontes fálase de que GTA V funcionará a 60 fps estábeis en PC, e incluso coméntase que o equipo encargado de portar Max Payne 3 a PC é o mesmo que está a traballar na conversión de GTA V.

De todos os modos, o que segue a ser un misterio son os requisitos mínimos que serán necesarios para mover o novo xogo, de modo que teremos que agardar a que sexan publicados para comprobar se a optimización permite xogar a 60 fps sen que necesitemos o PC da NASA.

The Order 1886 mostra un novo gameplay

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

Os xogadores de PS4 están de noraboa, fai uns poucos días mostrouse un novo gameplay dun dos xogos máis esperados por eles do vindeiro 2015: The Order 1886.

Como podedes comprobar no seguinte vídeo, o aspecto visual non deixará a ninguén indiferente de seguro.

White Night tamén sairá para PS4

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 10:19 COMENTAR

White Night, o videoxogo de terror, acción e puzles de Osome Studios terá versión en PS4, que se sumará as xa previstas para PC e Xbox One.

Tal e como podemos ver no novo trailer, o xogo ten unha estética totalmente en branco e negro e os seus autores prometen que todo estará baseado na luz, que deberemos empregar para resolver puzles ou para evitar morrer.

Caffeine terá forma de aventura episódica

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 9:10 COMENTAR

O creador do videoxogo Caffeine, Dylan Browne, declarou que o seu xogo será lanzado como unha aventura episódica de 3 capítulos que serán vendidos como unha unidade, para, deste modo, darlle aos xogadores o máis cedo posible unha versión que poidan desfrutar.

Caffeine, un xogo de terror psicolóxico baseado en quebracabezas ambientais, inicialmente ten a súa publicación prevista en versión PC (aínda que a PS4 non está descartada como plataforma) a mediados de 2015.

Bungie está a banear a xogadores

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

Bungie anunciou que está a facer baneos entre aqueles xogadores de Destiny que teñan a consola modificada de calquera manera.

Este feito parece que ven derivado do feito de que comezaran a aparecer queixas de xogadores trala aparición do primero DLC do xogo de que hai outros xogadores facendo trampas dendo o inicio do xogo, feito que pode ser comprobado mediante unha simple busca en Youtube.

O primeiro DLC de Evil Within chegará en 2015

Por: Venres, 12 de Decembro de 2014, 12:00 COMENTAR

the-evil-within-4

O primeiro contido descargábel para “The Evil Within” chegará a principios de 2015. Terá por nome “The assignment” e estará baseado nos capítulos  5 e 9 do xogo orixinal, pero dende Bethesda aseguran que mantendo unha identidade propia.

 

Bethesda tamén confirmou que outros 2 contidos extra están en camiño.

Unha imaxe filtrada dende a división xaponesa de PayPal parece confirmar os rumores que levan un tempo dicindo que a tan sinalada data de inicio das rebaixas de Nadal de Steam terá lugar o vindeiro 18 de Decembro.

Paga a pena recordar que estas rebaixas tradicionalmente son as mais importantes de todo o ano na plataforma de Valve, e, polo tanto, o momento perfecto para mercar ese xogo que desexamos dende fai un tempo.

fx futbol 2015 xa está rematado

Por: Venres, 12 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

FX Interactive anunciou que o seu simulador de manager deportivo, fx futbol 2015 está xa rematado, aínda que non proporcionou a data de publicación.

 

FX-Futbol-2015-PC-Espanol-07-b

O novo título promete unha chea de novidades sobre os anteriores da saga, entre os que se atopan o poder dar ordes durante os partidos ou un “modo chapas” similar o clásico visualizador 2D do referente do xénero, football manager.

O lexendario e coñecido mapa Train do Counter Strike sofre variacións importantes na última actualización de Global Offensive.

Estes trocos, que afectan non únicamente a nivel visual, se non que tocan tamén aspectos xogábeis importantes, están a provocar grandes discusións entre os xogadores do título de Valve.

Se queredes ler máis información, podedes acceder a ela a través deste enlace.