Tráiler da historia de Killzone: Shadow Fall

Por: Mércores, 23 de Outubro de 2013, 14:59 COMENTAR

Killzone-Shadow-Fall

Guerrilla Games quere asegurarse que Killzone: Shadow Fall sexa o xogo de referenza nos primeiros meses de vida de PS4, e polo de momento estano facendo ben.

Unha campaña dunhas dez horas, comezar unha nova historia separada da triloxía orixinal, novos accesorios…

E despois de todo isto chéganos este tráiler do modo historia do xogo:

O xogo chegará ás tendas o 29 de novembro xunto a Playstation 4.

Titanfall sairá o 13 de marzo

Por: Martes, 22 de Outubro de 2013, 19:15 COMENTAR

titanfall-screen-1Titanfall, o xogo de Respaw Entertainment, sairá definitivamente o 13 de marzo en Europa para Xbox One.

Recordemos que Titanfall está colleitando moi boas críticas, incluíndo diversos premios.

Están xustificados estes premios? Aínda faltan uns meses para comprobalo.

DualShock4

O 29 de novembro sae á venta a Playstation 4 xunto co seu habitual Dualshock, mais este puido ser moi diferente ao que foi finalmente, é máis, Toshimasa Aoki, un dos responsábeis de Sony, recoñeceu que barallaron a posibilidade de imitar a disposición dos sticks analóxicos da súa rival Xbox:

Sabiamos que aos consumidores gústalles o mando de Xbox 360 para os xogos de acción.

Pero acaba aclarando a súa decisión:

A xente gústalle os botóns na parte de arriba e iso cambia ao botón máis empregado, o X, do pulgar dereito. Se cambiamos de posición o botón X cambia a memoria do músculo. A man dereita emprégase principalmente para botóns e a palanca, mais a esquerda principal quédase nun ou outro control e non cambia -entre estick e cruceta-. Por isto está aceptado cambiar a parte esquerda, mais cambiar a dereita rompe a experiencia.

Finalmente:

O equipo do prototipo, a min mesmo e outros departamente preferían o estilo Playstation, e debían mantelo.

PS4 vs Xbox One nun só gif

Por: Martes, 22 de Outubro de 2013, 15:33 1 COMENTARIO

consolas

Un gif vale máis que mil imaxes

killzone shadow fall

Un dos principais responsabeis de Guerrilla Games, Steven ter Heide, falou sobre a esperada nova entrega de Killzone, e catalogouna como unha gran oportunidade como punto de entrada a esta saga.

Con todo o que se leva falado de Killzone é raro que ninguén escoitase falar dela e incluso que non xogase a algún dos seus títulos, mais se fose así, Shadow Fall é unha perfecta compra para iniciarte, xa que aínda que con guiños á saga, comezan de cero:

En moitos aspectos, Killzone: Shadow Fall supón un comezo para acceder á franquicia, ten lugar 30 anos despois da triloxía orixinal de Killzone, así como a maior parte dos personaxes e os aspectos da historia daquel periodo son “historia”.

Mais por outro lado os fans da serie apreciarán os guiños que aparecen aos primeiros títulos da saga, aínda que non sexa necesario coñecer os detalles do universo de Killzone para acceder á historia.

Nintendo deixa de fabricar a Nintendo Wii

Por: Luns, 21 de Outubro de 2013, 17:53 COMENTAR

nintendo-wii

Xa é oficial, Nintendo deixa de fabricar a partires de xa unha das videoconsolas máis exitosas da historia, a Nintendo Wii deixa de estar entre nós.

Mais déixanos cunhas cifras que xa lles gustaría a tantas, a pesar das duras críticas que tivo Nintendo por centrar esta consola nos “casual gamers” (eu sigo criticando isto), a consola vendeu un total de 100,4 millóns de Wiis, cifras verdadeiramente escandalosas.

Agora queda saber se a súa irmá “tuenada” Wii U conseguirá rematar con éxito desta, mais polo de momento parece que lle vai custar…

Pero quedémonos co bo, porque aínda que non moitos, Nintendo Wii tivo xogazos, aquí tedes un ránking cos mellores.

The Last of Us descarta a súa aparición na PS4

Por: Venres, 18 de Outubro de 2013, 15:44 COMENTAR

TheLastofUsPoster

Rumores existen de todos os tipos, e días atrás comentábase a posibilidade de que o xenial xogo de Naughty Dog, The Last of Us puidese saltar de xeración e aterrar na Playstation 4.

O desenvolvedora xa comentara varias veces que este rumor era falso e volveuse a reiterar:

Aqueles que queiran vivir a marabillosa historia de Joel e Ellie terán que facelo na Playstation 3.

Como podedes comprobar a xenialidade que naceu na PS3 quédase na PS3, é máis, Naugthy Dog segue traballando nel, nun DLC titulado Territorios Abandonados, ofrecendo 4 novos escenarios a un prezo de 9.99€.

Se aínda non lestes a análise de The Last of Us, non perdades máis tempo e seguide este enlace.

dice-logo1

O productor executivo de DICE, Patrick Bach, estivo a falar sobre os xogos multiplataforma, e catalogou de covardes, pretender que en todas as versións se teñan que ver igual:

Tivemos un problema antes de que se acercase a Next-Gen, porque podiamos facer que un xogo lucise incríbel en PC (canto mellor era o PC, mellor loce o xogo), e entón ter un xogo que se mostrase estupendo en PS3 e Xbox 360, pero que non presentara un aspecto tan bo como no PC. E a xente non deixaba de protestar por iso.

A xente segue tocando o tema. Seguimos tendo vídeos comparativos nos que a xente nos xulgaba baseándose niso en lugar de compararnos con outros xogos das mesmas plataformas.

Podes tomar o camiño de covardes e fixar o teu límite en Xbox 360 e PS3, e facer que todas as versións se vexan igual que esas dúas, mais non é así como somos. Queremos lograr o mellor que poidamos co noso hardware.

Palabras para reflexionar. Debemos limitarnos para que todos teñan as mesmas posibilidades, ou pola contra o PC pode poñer en manifesto todo o seu potencial e deixar a un lado ás consolas no relacionado aos gráficos?

Assassins-Creed-IV

A próxima entrega da sobre-explotada saga Assassin´s Creed chegará o 29 deste mes a Xbox 360 e PS3 e como é normal, toca vendelo ben aos consumidores.

Pois Jean Sebastien Decant, deseñador do título comentou que superar o título ao 100% poderá levarnos unhas 80 horas, número que non está nada mal para un xogo destas características:

Completar a historia principal pode levar unhas 20 horas, e conseguir os obxectivos adicionais, unhas 60 horas máis. Sobre o tamaño do mapa non podería dicir números, mais temos tres grandes cidades, comparadas con outros xogos, son tres cidades enormes e quince localizacións únicas ao redor do mundo, ademais dun montón de illas onde podes construír edificios e cousas así. Recorrer o mapa en barco podería supoñer 15 ou 20 minutos sen parar.

Para aqueles fans da saga estas palabras son motivo de alegría, e poida que teñan Assassin´s Creed para tempo.

Facemos unhas aposta? Canto tardarán en anunciar un novo título da saga? Tic, tac, tic, tac…

super mario 3d world

Miyamoto, esa persoa que mantén a Nintendo a flote, fixo unhas declaracións sobre o que será o seu próximo proxecto, o Super Mario 3D World para Wii U.

Como saberedes, existen varias clases de persoas amantes dos xogos de Mario, os que prefiren as 3D e os que prefiren as 2D, pois ben, Shigeru Miyamoto amosouse positivo no seu último traballo e asegurou que está pensado para gustar a ambos bandos:

Cos xogos de Mario tes os títulos en 2D de desprazamento lateral, e os xogos como Mario Galaxy, que son en 3D. A xente tende a preferir un deles por enriba do outro.

O que intentamos facer con Super Mario 3D Land de Nintendo EDS e o que estamos tratando de facer con Super Mario ED World de Wii U é crear un tipo de Mario tridimensional a medio camiño entre ambos estilos.

Isto intentámolo realizar mediante o tipo de control, de tal xeito que permita a ambos xogadores desfrutar de verdade con este Mario.

Aínda sendo fan incondicional de Mario, non credes que se está sobrexplotando demasiado a saga con xogos que poderían dar moito máis de si? Porque dende logo sacan tantos Marios que xa non chama a atención a ninguén, cousa que por outro lado non estraña sendo case todos semi-clónicos.

De todos os xeitos Super Mario 3D World sairá o 29 de novembro.

masahiro-sakurai

Masahiro Sukarai, creador de títulos como Kid Ícarus ou Super Smash Bros, amosou hoxe a súa preocupación polas cantidades inxentes de remakes e explotación de franquicia que existe no mundo dos videoxogos.

Hai unha industria que se volque tanto en reusar e reusar os antigos títulos como a do videoxogo?

Comparado con outros medios como o cine, a animación, a literatura e os cómics, a explotación de franquicias e a cantidade de remakes non está a niveis naturais.

E rematou aclarando:

Os bos xogos atraen aos fans, e se tes fans tes unha vantaxe. Tes que tratar de empregar iso para facer un videoxogo máis grande, mais iso non significa que estea ben renunciar á innovación.

Os xogos populares e ben feitos merecen loubanza, mais os títulos que teñen algún tipo de elemento creativo tamén necesitan ser loubados.

Fai tempo que non escoito palabras tan certas. Non sobra ningunha das letras que mencionou.

Os fans son esas persoas que que saben con tratar con cariño as súas sagas preferidas, e á hora sa facelas saltar de formato, realízano como saben.

Aquí tedes unha pequena mostra de Portal na vida real: