A localización de videoxogos

Por: Domingo, 3 de Maio de 2015, 10:00 2 COMENTARIOS

Con este artigo, pretendemos facer unha modesta e breve achega ao mundo da localización de videoxogos. Por regra xeral, a maioría de usuarios non paramos a pensar na serie de procesos previos que se levaron a cabo para que poidamos recibilo na nosa língua, así que pode resultar interesante coñecelos.

O termo “localización” provén de “locale”, unha palabra inglesa que fai referencia á rexión xeográfica que se caracteriza non só pola língua, senón tamén polo seu fondo cultural e convencións específicas (Scholand, 2002). Por conseguinte, a localización sería o proceso de modificar un produto para que sexa totalmente aceptable en calquera país, cultura ou rexión do mundo. (Microsoft 1993: 15). Polo tanto, “localizar” non só significa traducir palabras dunha língua a outra, senón que é moito máis ca iso. Significa adaptar un xogo a unha cultura meta que pode ser moi diferente da de partida. O obxectivo último da localización é que os xogadores da cultura meta experimenten as mesmas sensacións de xogabilidade ca os da cultura de partida.

E que se localiza exactamente? As partes dun videoxogo que se poden localizar son as seguintes:

  • O material presente “dentro” do xogo, tales como os menús, as mensaxes de axuda, e mesmo os textos “orais”, como os diálogos, as cancións, etc.
  • O material “externo” ( os manuais, a garantía e os arquivos en liña do soporte electrónico).
  • O material en liña, como o contido da web oficial do xogo.
  • O material promocional, como os anuncios e os tráilers.

Como realizar a localización completa dun xogo é un proceso demasiado custoso, adóitase realizar de maneira parcial. Por exemplo, no caso do xogo lanzado ao mercado español Kingdom Hearts 3D: Dream Drop Distance de Square Enix para a 3DS, só se traduciu ao castelán o manual e a carátula do videoxogo , mentres que o resto está integramente en inglés. Porén, hai outros xogos que están totalmente traducidos ao castelán, e mesmo dobrados, como o FIFA ou o NBA de EA Sports.

 

kh

 

Que hai que facer para localizar un xogo? A localización dun xogo consta de varias fases que, a grandes rasgos, son as seguintes:

  • Internacionalización: É o proceso no que se prepara o produto para adaptalo a diferentes idiomas e rexións sen cambiar o código fonte. Os tradutores non adoitan intervir neste fase, senón que máis ben se trata dun labor levado a cabo polos programadores. Un exemplo dunha práctica de internacionalización sería utilizar fontes de texto que permitan o uso de caracteres especiais que non aparecen nos teclados anglosaxóns, como acentos, apóstrofos, a letra “ñ” no caso do castelán… para evitar posibles erros de lectura nas linguas de chegada.

 

ffx

Como se pode apreciar na imaxe, na versión española do FFX incluiuse a letra “ñ” e as vogais con acento.

  •  Tradución: Como o seu  nome indica, é a fase na que interveñen os tradutores. As línguas de partida dun xogo adoitan ser o xaponés e o inglés, e as de chegada o francés, o alemán, o italiano e o castelán. Normalmente, tradúcense de 2000 a 3000 palabras ao día, aínda que esta cantidade pode variar. Non é necesario que o tradutor sexa “gamer” para poder realizar boas traducións, aínda que adoita ser de axuda. O máis importante é que teña un bo coñecemento das línguas de partida e de chegada para evitar erros deste tipo:

 

FFVII

A persona que realizou a tradución do FFVII traduciu o termo inglés “party” como fiesta, cando neste contexto significaría g”.

  • Revisión: Os revisores interveñen neste proceso para evitar os posibles erros de tradución e “bugs” que pode conter o xogo. Hai dous tipos de revisión: a “revisión” propiamente dita, onde se miran tanto o texto orixinal como a tradución; e a “proofreading”, na que só se revisa a tradución.

 

  • Testeo: Nesta fase, próbase cada escenario do xogo para comprobar que todo esté correcto e sen bugs ou erros textuais e de programación para poder ser sacado ao mercado. Este proceso é de vital importancia para que o produto sexa 100% óptimo, e evitar problemas deste tipo:

 

MISSINGNO

MissingNo é, en realidade, un erro de programación dos xogos de Pokémon Azul, Vermello e Amarelo que podía causar danos na partida.

E, para resumir todo o dito anteriormente, Pablo Muñoz Sánchez, un coñecido tradutor no mundo da localización, fainos un pequeno resumo dos retos aos que teñen que enfrentarse os localizadores neste vídeo

Xa está dispoñible para descargar en Rubí Omega e Zafiro Alfa o Pokémon de evento Emboar. Para obtelo, deberemos introducir o código POKEMON500  na sección de “Regalo Misterioso” no menú inicial do xogo.

Este Pokémon conta coa habilidade “audaz”, que aumenta lixeiramente a potencia dos ataques que tamén fan dano ao usuario, como “paxaro ousado”. Tamén dispón dos movementos  “testarazo”, “envite ígneo”, “derribo” “clemencia”.

Emboar poderá descargarse ata o 30 de novembro deste mesmo ano.

 

 

B7BkYuuCYAIZ06S

Colours, un xogo galego de habilidade

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 16:08 COMENTAR

Dende hai dous días, está dispoñible para descargar de balde Colours, un xogo para Android creado polo estudio galego AxouxereGames.

 

 

colours

 

Colours é un crebacabezas, e o obxectivo deste xogo é combinar as mesmas cores en combos de dous, tres ou catro cores iguais en tempo limitado para conseguir o máximo de puntos. Conta tamén cunha serie de ítems que darán vantaxe de tempo ou puntos, aínda que hai que ter coidado, xa que tamén poden producir o efecto contrario. 

Consta de dous modos: «acumulapuntos» que, como o seu nome indica, consiste en acadar o máximo número de puntos, e «apágao», no que haberá que conseguir o máximo número de puntos evitando que se apaguen as lámpadas. Mesmo dispón dun modo para daltónicos, aprobado pola Asociación de Daltónicos Non Anónimos (Asdna).

 

Velaquí tedes un gameplay que resume o explicado anteriormente:

Na conta de Twitter de Nintendo España anunciouse hai unhas horas que a demo de Pokémon Rubí Omega e Zafiro Alfa está dispoñible para descargar sen código na eShop.

 

demopkmn

A demo consta de dez misións principais e dúas secretas. Os premios conseguidos poderán transfirirse á versión completa do xogo.

 

DemoROZA

 

Anuncios Nintendo Direct 14/01/2015

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015, 15:15 COMENTAR

Como xa saberedes onte tivemos o primeiro Nintendo Directo do ano, un evento que como sempre vén cargado de novidades e anuncios que nos manteñen actualizados respecto ao que vai ser o futuro a corto plazo da compañía nipona. Por se non tivestedes a oportunidade de velo en directo velaquí tedes un pequeno resumo de tódalas novidades e actualizacións que se presentaron onte.

Iwata-Mario-Luigi

-Fire Emblem 3DS (nome provisional): Nova entrega deste xogo de rol estrátexico. Producido polo equipo de Intelligent Systems, cun argumento escrito por Shin Kibayashi e con Kozaki Yusuke ao mando do deseño dos novos personaxes, nesta edición tomaremos decisións e enferentarémonos a novos desafíos que farán que o mundo de fantasía vaia cambiando ao longo da historia. Aínda non hai data de lanzamento oficial.

 

-Puzzle & Dragons Z + Super Mario Bros: De gran popularidade en Xapón, ambos xogos chegarán en pack para a 3DS a Europa en maio.

 

-Pokémon Shuffle: Novo free-to-play para descargar na eShop da Nintendo 3DS a partir de febreiro. O obxectivo do xogo é unir en grupos unhas xemas ata facelas desaparecer. Contará cun sistema de vidas que se esgotarán con cada partida, e haberá que esperar a que se recarguen.

 

Os xogos de Wii poderán descargarse na Wii U: Custarán 19,99 € pero, despois  da primeira semana do seu lanzamento, terán un precio promocional de 9,99 €. En principio, estarán dispoñibles o Super Mario Galaxy 2 (14 xaneiro), Donkey Kong Country Returns (22 xaneiro) e Metroid Trilogy (29 xaneiro).

 

-Novos amiibos: Proximamente, estarán á venda Lucinda, Daraen, Wario,  Charizard e Pac-Man para o Super Smash Bros. Ademais, Nintendo desvelou unha nova colección de figuras basada nos personaxes de Mario, que contará con Mario, Luigi, Peach, Yoshi, Bowser e Toad. Serán compatibles co Mario Party 10, que chegará ao mercado o vindeiro 20 de marzo, e a figura de Toad poderá utilizarse ademais no xogo Captain Toad: Treasure Tracker a partir dese mesmo día.

 

-Splatoon: Este xogo de disparos de pintura sairá á venda en maio para Wii U. Haberá distintos tipos de armas, e as equipacións terán tamén diferentes efectos.

 

-Xenoblade Chronicles X para Wii U: Un dos RPG máis esperados no que se poderá descubrir un mundo aberto. En Xapón chegará ás tendas o 29 de abril. Nós teremos que esperar un pouco máis.

 

-Mario vs. Donkey Kong Tipping Stars: Este xogo de puzles e plataformas estará dispoñible o 20 de marzo para Wii U e 3DS na Eshop, ou a modo de códigos en tendas. Ademais, se mercas unha copia do xogo na Eshop, obterás un código para regalalo a un amigo.

 

-New Nintendo 3DS/ 3DS XL: Chegarán a Europa o 13 de febreiro. A primeira estará dispoñible en branco e negro, mentres que a versión XL será negra ou azul metálica. Contarán cun rendemento mellorado, polo que os xogos cargarán máis rápido. Dispoñerán de novos controles: ZR, ZL e panca C, que facilitarán a xogabilidade. As pantallas serán 1,2 veces máis grandes. Sairán á venda tamén bases de recarga de cor branca ou negra, e haberá 12 sets de cubertas.

 

-Nintendo Anime Channel: Unha nova boa para os amantes do anime. Con este servizo, poderemos ver en streaming Kirby, Inazuma Eleven e Pokémon. Tan só hai que descargar a aplicación gratuita na Nintendo Eshop, que estará dispoñible o 13 de febreiro.

 

-CODE NAME S.T.E.A.M.: Este xogo de estratexia sairá á venda a partir do 15 de maio. Contará con personaxes do Fire Emblem como invitados, que loitarán contra os aliens.

 

-Ace Combat Assault Horizon Legacy +: Esta edición contará con novidades, como gráficos en 3D estereotópico, controles compatibles coa New 3DS e avións inspirados na saga de Mario. Tamén será compatible cos Amiibo, que desbloquearán novos cazas como Link ou Fox. Estará dispoñible en febreiro.

 

-Monster Hunter 4: Chegará o 13 de febreiro ás tendas. Ademais, contará con edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL, que terá o xogo preinstalado. A demo está dispoñible para descarga dende onte, e o código necesario para xogala poderase obter a través de correo electrónico.

 

-Xenoblade Chronicles: Este remake sairá ao mercado o 2 de abril para a New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL.

 

-Legend of Zelda: Majora’s Mask A partir do 13 de febreiro, estará dispoñible este remake da Nintendo 64. Haberá tamén unha edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL co xogo preinstalado.

 

-Ironfall Invasion: Este xogo de disparos está anunciado para febreiro.

 

Deixamosvos a continuación o evento por se queredes ver polo miúdo todo o falado neste artigo.

Presentación oficial de Hoopa para Pokémon ROZA

Por: Mércores, 14 de Xaneiro de 2015, 19:31 COMENTAR

Os fans de Pokémon estamos de noraboa: hoxe Nintendo presentou oficialmente a Hoopa, o Pokémon travesura. Caracterízase por ser o primeiro de dobre tipo que combina o psíquico e o fantasma. A súa habilidade é «prestidixitador», que permite robar o obxecto do opoñente ao atacar. No vídeo, podemos ver que posuirá, polo momento, estes movementos : testarazo zen, bóla sombra e mesmo destino.

 

Na web oficial de Pokémon especifícase que non se pode encontrar de maneira normal na partida de Rubí Omega e Zafiro Alfa, pero non indican cómo conseguilo, así que teremos que esperar a que publiquen máis información.

 

Evento de Nadal de Ubisoft

Por: Sábado, 20 de Decembro de 2014, 14:00 COMENTAR

Coa chegada do Nadal, Ubisoft decidiu unirse as celebracións propias desta época, e fará diversos tipos de agasallos. Dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, grazas a Uplay, poderanse conseguir recompensas diarias como descontos na Uplay Shop e a posibilidade de desbloquear premios gratis para os teus xogos, entre outras. Ademais, 40 privilexiados poderán dispoñer de todo un ano enteiro de xogos para PC de Ubisoft grazas a un sorteo que se realizará ao finalizar a promoción.

Para ter posibilidades de ser un dos gañadores, deberás iniciar sesión os 15 días na páxina para obter «potenciadores» que che axudarán a ter máis posibilidades de ser o gañador do sorteo. Os nomes dos afortunados será publicados despois da súa finalización.

 

Velaquí tedes as novidades máis recentes de Origins que están dispoñibles para descargar:

-O coche Koenigsegg One:1 para o Need for Speed Rivals. Este automóbil caracterízase pola súa relación entre peso e potencia (1 CV por quilo), e pola axilidade e velocidade.

 

1022827_LB_231x326_en_US_^_2014-03-03-14-40-01_a743864557b7b2ba2e8c2927bcdb34d2b98f1431

 

– O coche eléctrico Nissan Leaf para o Simcity: Con esta estación de carga gratuita, só necesitarás engadir cinco máis por cada cidade e poderás ver os Sims conducindo este automóbil.

EL NISSAN LEAF® 100% ELÉCTRICO

 

Dous packs DLC de SHIFT 2 UNLEASHED: o Lendas e o Speedhunters. O Lendas inclúe 12 coches e 5 novos circuitos. O Speedhunters engade 2 novos modos de xogo (Aceleración e Standing Mile) e 14 coches con decoración personalizada de Speedhunters. Hai varias ligazóns de descarga, que dependen do sitio onde o mercases: en Origin, en DVD ou en Steam.

Pack DLC para PC de SHIFT 2 UNLEASHED™ (versión Origin)