Resumo da conferencia de EA

Por: Luns, 10 de Xuño de 2013, 23:57 2 COMENTARIOS

ea
No medio dun impresionante espectáculo de luces e son, Peter Moore abríu lume na conferencia de EA.
 
O primeiro que a compañía americana puxo en escea foi unha nova entrega do fenómeno “casual” Zombies Vs Plants, que será editado co subtítulo de “Garden Warfare”. Acto seguido profundizaron en “Titanfall”, outro shooter subxectivo aderezado con robots que xa vimos asomar na conferéncia de Microsoft e que ademais de chegar a Xbox One, tamén o fará a PC.
 

 
Nun xesto inesperado, EA deixou asomar uns cantos segundos dun novo SW Battlefront, pero cando chegamos a entender o que pasaba fugazmente ante nós xa estábamos vendo un novo Need for speed (NFS Rivals), o título de turno en EA para amantes da velocidade, que aproveita o novo hardware para que se vexan de fábula os coches e as estradas polas que haberá que… correr.
 

 
O momento que moitos agardábamos chegou xusto a continuación, co primeiro trailer de Dragon Age Inquisition. Un trailer con caras familiares para os fans, unha das cais chegou a provocar unha ovación da audiencia. Haberá que agardar, iso si, até un extremadamente lonxano outono de 2014.
 

 
Aínda co bo sabor de boca, chegou o momento inevitábel de ver desfilar as edicións anuais dos diferentes títulos deportivos da compañía. O principal pareceu, seguíndo a tónica habitual, convencer ao público de que non eran os mesmos do ano pasado. A algúns espectadores a sucesión de títulos deportivos nas conferencias de EA fáisenos simplemente eterna.
 

 

 
Reapareceu Battlefield 4 despois da súa accidentada presentación na conferéncia de Microsoft, presentándonos o seu xa mais que recoñecido formato, adscrito a un dos xéneros mais saturados nos nosos días. E por último, a sorpresa que EA se gardaba na manga, unha secuela do xa clásico Mirror´s Edge do que non se facilitou aínda data de lanzamento.
 

Rain-Trailer-PlayStation-Network-samll-pic

 Despois de que nos últimos meses algúns títulos dos catálogos de descarga de Xox 360 e PS3 conseguiran colleitar tanto éxito como “Limbo” ou “Journey”, chega agora da man de Sony e de xeito exclusivo para PSN unha aventura de atractivo plantexamento. A plataforma de distribución dixital de Sony vaise apuntar un novo tanto cun título que xa está chamando a atención dos medios, sen que aínda poidamos saber en que data poderemos premer a opción de descarga.

“Rain” propónnos unha viaxe por un mundo de atmósfera inquedante no que encarnamos a un rapaz invisíbel ao que so a choiva pode delatar, reflexando a súa silueta. Neste entorno escuro e de incesante choiva, inspirado na arquitectura clásica dalgúnhas cidades europeas, buscaremos a unha moza á que pretendemos axudar mentres ambos somos asediados constantemente por criaturas de aspecto animal. En certos momentos, e sobre todo despois de atopar á nosa compañeira e ter que protexela, “Rain” pode traernos á memoria o clásico ICO, aínda que non saberemos canto até poder xogar as pouco mais de cinco horas que durará esta intrigante aventura.

O xogo sairá nalgún momento sen concretar dos próximos meses, con toda seguridade neste 2013. Estaremos pendentes a confirmacións por Sony de datas e prezo.

Novos rumores sobre Shenmue 3

Por: Martes, 28 de Maio de 2013, 16:30 COMENTAR

Shenmue-660x350

 A inconclusa historia de Ryo Hazuki, un xoven embarcado nunha cruzada por vingar a morte do seu pai, é unha espiña cravada para unha lexión de xogadores que, despois dos anos transcurridos, seguen buscando sinais dunha hipotética nova entrega que peche debidamente o que foi unha das sagas mais sobresaíntes do seu tempo.

Desta volta é unha fotografía que Corey Marshall (quen puña voz en inglés a Ryo) publicou no seu facebook e na que deixou trascender que estivo a grabar algo para SEGA. Con anterioridade Marshall so traballou para a compañía xaponesa nun Sonic Allstars e mais en Shenmue, sempre dando voz a Ryo, polo que as especulacións saltaron de inmediato aos medios do sector. As mais optimistas apuntarían a unha hipotética presentación de Shenmue 3 no inmediato E3, mais todo cae no terreo das consabidas apostas arriscadas que preceden cada edición do evento de Los Angeles.

Por suposto non se producíu ningúnha comunicación neste sentido pola compañía, polo que os fans terán que encomendarse de novo a unha sorte que até o de agora foilles esquiva.

original

Ao pouco de pechar a división de xogos de Lucasarts, de tan bo recordo para os xogadores, Disney aclara por onde pasará o futuro dos xogos ambientados na archicoñecida galaxia moi, moi lonxana. Trátase da poderosa EA, que xa ten nestes momentos funcionando o MMO “The Old Republic”, e que en diante será a única en programar para consolas xogos con esta licencia.

Parece que non trascendeu de cantos anos será a duración do contrato, nin tampouco se EA ten intención de rescatar Star Wars 1313, un proxecto interesante e diferente no que se atopaba traballando Lucasarts. Pola contra, foi feito público que tanto VICE (creadores de Battlefield) como Visceral (creadores de Dead Space) atópanse xa traballando en xogos de Star Wars.

cd-projekt-red-new-rpg-news-2

 A compañía polaca CDprojekt leva tempo destacándose por formas e declaracións atípicas na industria. A súa oposición a cobrar os contidos descargábeis baixo o razoamento de que o xogador xa pagou o xogo no seu momento, a súa defensa de situar a narrativa por riba de calquera outra consideración, e a súa teima en tratar aos xogadores adultos como adultos, son bo exemplo dunha mentalidade pouco habitual nos estudos que está cimentando unha grande empatía entre os polacos e a súa crecente lexión de fans.

 Agora é Marek Ziemak, productor do moi agardado “The Witcher 3”, quen ven de cuestionar o dogma omnipresente na industria da necesidade do multixogador. “A clave é unha boa historia. É dificil contar unha história épica nun modo multixogador. Se o intentas rematará por convertirse nun xogo para un xogador pero que require conexión”.

 A compañía non descartou a inclusión de algún tipo de función multixogador en “The Witcher 3”, pero especificando que esa hipotética función estaría totalmente supeditada á experiencia narrativa para un xogador, e cuestiona que os fans do rol consideren prioritarias as opcións on line. Ao mesmo tempo, Maciej Szczesnik, deseñador da xogabilidade do xogo, sinala que “as características multixogador poden ser mais destructivas que constructivas”. Szczesnik deixou caer que ante a imposibilidade que atopan de conxugar multixogador e narrativa profunda están explorando “outras funcións” en rede, o que podería apuntar a unha maneira innovadora de aproveitar internet sen perxudicar á inmersión, como, por exemplo, a que ideou Capcom para “Dragon´s Dogma”.

e3-chat-page-image

Coa participación de mais de 250.000 consumidores norteamericanos, “The consumerist” pechou a súa macroenquisa co mesmo vencedor que o ano pasado; Electronic Arts (EA). A compañía americana non so acadou este dubidoso “honor”, senon que novamente bateu por goleada (ou foi batida, segundo se mire) en tódalas eliminatorias, impoñéndose a nominadas como Facebook ou o tamén odiadísimo Bank of América.

 O ano pasado este resultado explicouse fundamentalmente polo descontento dos fans de Mass Effect, que desenvolveran unha intensa campaña na rede nos meses posteriores ao lanzamento de ME3, mais a repetición dos resultados un ano mais tarde demostra que EA segue sen convencer coas súas políticas de desenrolo e de venta. Recentes problemas con Origin ou Sim City, e a pésima xestión das que foran as súas franquícias mais queridas polo público volven levala ao alto do podium dos mais odiados.

 A compañía respondeu a este novo golpe publicitario por boca de Peter Moore, quen admitíu erros e declarou; “Podemos mellorar. Imos mellorar”. Segundo Moore, os erros inclúen “apagóns de servidores recentemente, ou xogos que non cumpliron co que se agardaba deles, erros nos prezos dos novos modelos de negocio e, hai pouco, os problemas de lanzamento de Sim City”. “Debémoslles aos xogadores mellores resultados”-aclarou.

microsoft-logo-wallpaper-1024x680

 Onte volvían agromar os rumores que apuntaban á posibilidade de que a nova XBOX (de nome clave Durango) necesite estar permanentemente conectada á rede para funcionar. Aparentemente os rumores foron reavivados por fontes da revista Kotaku, que concretaban mesmo que os xogos interrumpirían o seu normal funcionamento se a conexión á rede se perdese durante uns minutos.

 Mais se onte era un novo ruxe-ruxe, hoxe sae á palestra Adam Orth, director creativo de Microsoft Game Studios, para amosarse públicamente favorábel á conexión permanente dos videoxogos. Fíxoo a través de Tweeter onde, entre outras cousas, defendía a “modernidade” de este formato e soltaba un lapidário “acéptao” a usuarios alarmados polos rumores e  descontentos con que a rede comece a convertirse nunha cárcere para xogadores offline. Aínda que este tipo de plantexamento é xustificado como unha vía para manter ao usuario actualizado e informado mesmo en títulos offline, a utilidade fundamental é o control das copias ilegais e o manter ao xogador sometido a constante publicidade de outros títulos ou contidos descargábeis.

 As declaracións de Orth foron nun ámbito informal e en absoluto representan unha comunicación oficial da compañía, mais parecen apuntar na mesma dirección que os rumores até agora difundidos por importantes medios do sector nos últimos meses.

185835pBaixo o título “Shades of Darkness”, a nova entrega da veterana saga recupera con esta expansión a facción das mazmorras. O  lanzamento terá lugar dentro dun mes.

2231753-image_unreal_engine_4_19497_2539_0022

 Se hai pouco era DICE a que excluía a consola de Nintendo da posibilidade de recibir software correndo sobre o novo motor gráfico Frostbite, agora foi Mark Rein, cofundador de EPIC, quen negou de xeito taxante a posibilidade de que a nova máquina de Nintendo soportase Unreal Engine 4.

 Ao ser preguntado publicamente por este asunto en conferencia, a resposta de Rain foi unha gargallada que contaxiou aos asistentes ao acto. Porén, o directivo de EPIC intentou matizar inmediatamente o explícito da súa reacción, desculpándose e aclarando que Wii U poderá sen embargo tirar moito partido do potencial de Unreal Engine 3.

 Mark Rein intentou posteriormente suavizar mais a súa resposta apostando pola vixencia do actual UE3, que “non desaparecerá por culpa do Unreal Engine 4”, e co que Wii U recibirá “xogos sorprendentes”.

Bioware ven de anunciar que a misteriosa terceira entrega da súa saga de rol de inspiración medieval non utilizará o Frostbite 2, senón o 3, prevéndose un moi ambicioso apartado gráfico despois das duras críticas recibidas no seu momento polo apartado artístico e realización gráfica de DA2.

FFX-2logo

 O que comezou coma un rumor víuse confirmado pola filtración na rede dunha páxina escaneada da revista JUMP na que se ía facer pública a nova. Segundo os novos datos agora disponíbeis, a versión que será posta á venta para PlayStation 3 incluirá a versión remasterizada da que foi a súa secuela, moi contestada no seu momento polos fans, pero imprescindíbel para completar a historia proposta neste capítulo da mítica saga de Square.

Isto non é aplicábel á versión que se comercializará para PS Vita, onde ambos xogos venderánse por separado. Aínda que cabe supoñer que nesta versión os prezos veránse reducidos, moitos usuarios da portátil comezaron a trasladar a súa incomodidade a Square-Enix polo trato diferencial.

 A pesar da confirmación destes datos seguimos sen ter ningúnha data estimada para o lanzamento do xogo, mais parece que se mantén a intención da compañía de lanzalo ao longo deste 2013.

09

 Os estudos Spider acaban de poñer na rede a web oficial do xogo no que traballan. Trátase dun RPG de estética Cyberpunk ambientado en Marte do que facilitan novas imaxes e vídeos. A web permítenos tamén obter información sobre as clases e a mecánica de combate do título. Segundo relatan na nova información disponíbel, os seus creadores prometen un amplo marxe de personalización e especialización nas persoaxes e grande variedade de misións.

 En canto ao narrativo, o xogo sitúanos nun Marte futuro colonizado polo home no que o ben mais prezado é a auga, pola que loitan diferentes corporacións. Os xogadores encarnaremos a Roy Temperance, un aventureiro collido no medio do caos que reina no planeta.

 Aínda que non se facilita unha data concreta, o xogo saíra ao longo deste ano para PC, PS3 e XBOX360, pero so a través de distribución dixital.