Monster Hunter 4, en exclusiva para 3DS

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 17:50 COMENTAR

Xa queda pouco para a estrea do Monster Hunter 4. O Monster Hunter Tri revolucionou o xénero dos RPG de acción polo seu control orixinal e a posibilade dun xigantesco e salvaxe mundo aberto. O xogo foi anunciado o 20 de setembro de 2012 no Tokyo Game Show, pero o 19 de decembro Capcom declarou nun comunicado oficial que o MH4 sería lanzado no verán de 2013, pois:

O xogo precisa un pouco máis de tempo… para aumentar a súa calidade.

Monster-Hunter-4

Polo de agora, temos confirmada unha serie de novos monstros, así como a reaparición de outros animais presentes en xogos anteriores. Ademais dunha ampla galería de fotos, que Capcom publicou hai pouco, a empresa nipona presentou un tráiler no TGS 2012

 

Luigi volve á carga

Por: Venres, 29 de Marzo de 2013, 15:40 COMENTAR

Case 12 anos pasaron dende que se estreou Luigi’s Mansion na Gamecube. No E3 2011, Nintendo anunciou unha nova entrega da saga, pero non foi até esta semana cando o Luigi’s Mansion 2 chegou ás tendas de todo o mundo.

PS_3DS_LuigisMansion2_PEGI

O proxecto foi supervisado dende o principio polo lendario Shigeru Miyamoto, quen optou polos gráficos en tres dimensións da 3DS fronte á Wii. O modo de xogo e a historia é similar á da primeira entrega, pero Nintendo exprimiu a 3DS ao máximo para disfrutar dunha innovadora secuela do Luigi’s Mansion.

Luigi’s Mansion 2, tamén coñecido como Dark Moon, leva vendidas en Xapón máis de 280.000 unidades dende o 20 de marzo, o día oficial da estrea. Do mesmo xeito, Nintendo reafirmou a súa supremacía no campo das consolas, pois só esta semana vendeu case 70.000 unidades da 3DS. A empresa nipona posúe o xogo e a consola máis vendidas de toda a semana, que máis pode pedir?

luigis-mansion-2-dark-moon-wallpaper-artwork

Un mes despois de que Dead Space 3 saíra á venda, xa temos unha razón máis para rematar o xogo. O novo DLC chamado “Awakened” permitiranos extender o final do DS3 e disfrutar do “capítulo máis oscura, visceral e terrorífico da saga”, segundo afirma a propia editora. Tamén anuncia que os necromorfos (os inimigos do xogo) serán moito máis temibles que nas demais entregas.

Dead_Space_3 (1)

O DLC sairá o 12 de marzo na Xbox Live, cun prezo de 800 Puntos Microsoft, e un día despois na Playstation Store, cun prezo de 9’99 €. Por esa cantidade tamén poderemos mercar “Awakaned” no PC, a través de Origin, a plataforma oficial de descargas de Electronic Arts.

Yasuhiro Wada anunciou hoxe que está a traballar nun novo xogo para a consola Nintendo 3DS: o Hometown Story. Normalmente, os títulos exclusivos para as videoconsolas portátiles non adoitan acadar moita atención da comunidade, pero este é un caso excepcional, xa que o equipo de desenvolvemento o forman algunhas celebridades do mundo dos videoxogos. Imos velo a fondo.

Para comezar, Wada, o director deste proxecto, xa é coñecido no mercado por crear a famosa saga de Harvest Moon. Dende 1996 coa estrea do Harvest Moon na SNES, o xaponés leva tras de seu unha morea de secuelas para todas as consolas de Nintendo: Game Boy, Gamecube, NDS, Nintendo 64, Wii…

wadaharvestmoon03242010

No apartado gráfico temos a Atsuko Nishida, o deseñador artístico da saga Pokémon. Leva deseñando todos os bosquexos da serie dende o primeiro xogo de 1996 ata os últimos títulos destes anos.

Pero probablemente o que máis destaque neste equipo é o lendario Nobuo Uematsu, compositor de música e creador das mellores bandas sonoras de videoxogos da historia, incluídos moitos xogos de Final Fantasy.

nobuo_uematsu

Hometown Story tratará sobre un rapaz e a súa tenda. O obxectivo é aumentar as vendas e expandir o negocio, e de paso coñecer aos clientes, facer amigos, solucionar os seus problemas…

Non dispomos de moitas imaxes do xogo, pero si que temos o primeiro tráiler do Hometown Story.

Un soño feito anacos

Por: Sábado, 2 de Marzo de 2013, 23:31 2 COMENTARIOS

Algúns de vós pode que esteades a preguntarvos: que foi da saga Star Wars Battlefront? A última entrega principal, sen contar as versións para consolas portátiles, lanzouse en 2005. E onde está o Battlefront III? A pesar de que Lucasarts nunca fixo declaracións oficiais, a empresa Free Radical Games traballou no Battlefront III e completouno ao 99% antes de ser cancelado.

Steve Ellis, cofundador de FRG, realizou as seguintes declaracións para a revista gamesTM:

Estabamos a facer un xogo moi ambicioso. Podías comezar a batalla no chan, meterte nunha nave e voar cara o espazo, entra no hangar dun cruceiro e continuar alí a loita. Tiñamos que crear todo tipo de tecnoloxías e superar diversos desafíos técnicos e limitacións, pero o fixemos. Tiñamos o xogo finalizado ao 99% e só faltaba o arranxo de bugs para a súa estrea. Tería que ser o noso xogo máis exitoso pero foi cancelado por razóns financeiras. Estou contento de que ao menos a xente puidese ver no que estabamos a traballar e compartir o entusiasmo do equipo polo xogo.

É unha pena que se cancelase o xogo cando estaba practicamente rematado. Podería retomarse o proxecto? É difícil, pero nunca estará descartado. Polo menos, temos un gameplay do xogo en fase alfa. Disfrutade.

Loita de titáns

Por: Mércores, 27 de Febreiro de 2013, 16:24 COMENTAR

GTA é unha saga ben coñecida por afeccionados e profesionais dos videoxogos por igual. Dende 1997, Rockstar deleita aos xogadores con xogos de mundo aberto, acción trepidante e unha liberdade nunca antes vista. Ou polo menos ata agora…

gta-v-details-revealed-rockstar-0

A empresa francesa Ubisoft, con títulos sobresaíntes como Rayman ou Assasin’s Creed, busca unha oportunidade de entrar no mercado dos xogos sandbox cunha nova aposta: Watch Dogs. Revelado duante a E3 2012 e confirmado na presentación da PS4, pretende competir co próximo GTA V cun argumento prometedor: un home que se dedica a espiar e controlar as conversacións telefónicas e as transmisións informáticas na xigantesca cidade de Chicago.

Alan Corre, executivo de Ubisoft, presentou hai und días as seguintes declaracións á revista Edge:

É un gran paso cara adiante na experiencia dos videoxogos, porque os nosos compañeiros desenvolvedores veranse obrigados a progresar. Watch Dogs compracerá á comunidade porque é moi fresco e amosa todo o que se pode facer. Vimos da E3 cunha promesa e amosamos (na presentación da PS4) que é real. Creo que nos mostra todo o que se pode facer na seguinte xeración.

Ademais, Corre falou sobre a saga GTA e a súa futura entrega:

Si, Grand Theft Auto é unha das grandes marcas na industria e todo o mundo respeta á marca, e probablemente tamén disfrutaremos xogando coa seguinte entrega. Pero creo que a posición de Watch Dogs está na seguinte xeración, dando unha morea de posibilidades como conectividad, interactividad, xogo con compañeiros e outras cousas máis que engaden frescura ao xénero.

Watch-Dogs-connected

Así pois, a empresa francesa pretende revolucionar o xénero sandbox e porlle freo aos rapaces de Rockstar. Pola súa banda, GTA pretende colleitar máis éxitos coa súa quinta entrega, que tamén promete. Clásico ou innovador, quen triunfará? Verémolo a finais de ano.

Un GTA ao estilo Lego

Por: Martes, 26 de Febreiro de 2013, 17:46 COMENTAR

Xa pasou máis dun ano dende que Nintendo anunciou o Lego City Undercover no E3 2011. O xogo, desenvolvido por TT Games Fusion, chegará ás nosas tendas o 28 de marzo deste ano, exclusivo para a consola Wii U. Este título basado no popular xogo de pezas tenta innovar no universo dos videoxogos, mesturando o mundo aberto coa aventura, a acción e a creatividade dos Lego.

LEGO_City_Undercover_screenshot_33

A un mes da estrea do Lego City Undercover, TT Games Fusion concedeu hoxe unha entrevista en exclusiva á revista Nintendo Life. Foron especialmente trascendentes as declaracións de Loz Doyle, produtor executivo da empresa, tras ser preguntado pola posibilidade de incluir un DLC nun futuro:

Hai unha morea de vehículos, personaxes e misións. Xa hai moito contido no xogo – estamos falando de entre 40 e 50 horas para completalo ao 100%. É difícil imaxinar que máis poderiamos engadir. Non o imos descartar (engadir un DLC), pero tería que ser algo que encaixase co resto do xogo.

Ao principio do xogo, na área de San Francisco, estarás moi metido na trama principal, pero conforme adquiras habilidades verás cousas cun icono de pechado que antes non podías abrir e agora si. Isto animarate a explorar e usar as diferentes mecánicas e habilidades do xogo.

Está claro que o equipo de Doyle aposta por un sandbox e tenta afastarse da meirande parte dos xogos do universo Lego, pertencentes ao xénero das plataformas. Pode ser o LCU o próximo competidor da saga GTA? Iso aínda está por ver…

 

Bioshock-infinite-special-edition

A falta dunhas poucas semanas para que saia á venda o esperadísimo Bioshock Infinite, os desenvolvedores de 2K Games xa teñen unha edición para coleccionistas que estará na lista de desexos de todos os amantes dos videoxogos. Especificamente haberá dúas edicións: a Ultimate Songbird Edition e a Premium Edition. A única diferenza entre ambas é que a primeira inclúe unha figura a escala dun dragón, e a segunda non. Iso si, a diferenza de prezo é de 70$. Neste artigo faremos unha revisión da Ultimate Songbird, que é a máis completa e que de seguro todos os coleccionistas quererán ter na súa casa.

 

 

A Ultimate Songbird Edition preséntase nunha caixa cadrada con motivos circenses. No seu interior poderemos atopar:

– Unha figura a escala do dragón Songbird, o antagonista principal do xogo. A maqueta mide 9’5 polgadas, isto é, uns 24 cm de alto.

– Un chaveiro de 3 pulgadas (7’6 cm) que recrea unha botella de Murder of Crows, un xarope vigorizante.

– Unha litografía de 5×7 polgadas (12’7 cm x 17’8 cm), deseñada por Jorge Lacera.

– Unha miniatura de resina de 25 mm do futuro xogo de mesa de Bioshock Infinite, da man de Plaid Hat Games.

– Un pequeno libro de arte, con conceptos gráficos do xogo, bosquexos e comentarios. A portada do mesmo está envellecida.

– Contido dixital exclusivo: banda sonora, avatares, equipamento dentro do xogo…

– Unha copia do xogo Bioshock Infinite na plataforma axeitada (PS3, XBOX 360 ou PC).