Nace Vencello!

Por: Xoves, 25 de Agosto de 2011, 20:31 COMENTAR

Onte deu comezo un proxecto de que Memoria Pixelada tamén forma parte. Trátase da primeira rede de blogues temáticos en lingua galega.

Unha iniciativa posta en marcha por un grupo de bolgueiras e blogueiros galegos que querían levar o seu idioma un pasiño máis alá neste universo 2.0 que é a blogosfera.

Desde aquí simplemente quéremos facervos partícipes deste nacemento, animarvos a participar nel e facer entre todos unha grande rede de blogues en lingua galega.

Se queredes coñecer todos os detalles ao respecto, non tendes máis que premer na ligazón que vos deixamos aquí mesmiño e vencellarvos connosco sen complexo ningún!

http://www.vencello.com/

Lémonos en Vencello!

Vénse de lanzar o pack The Humble Indie Bundle #3, ou o que é o mesmo, un pack de xogos indies, en que o xogador paga o que estime oportuno, compra varios xogos e reparte os beneficios entre un par de asociacións benéficas e os programadores como el estime oportuno.

Os xogos ofrecidos nesta edición (a cuarta, xa que houbo unha edición especial non numerada) son 5 grandes xoias indies, feitas con agarimo, en que se acumulan horas de xogo e diversión. Estamos a falar de Crayon Physics Deluxe, Cogs, VVVVVV, Hammerfight e And Yet it Moves.

Como xa comentei, os cartos podedes escoller como repartilos entre os programadores e dúas asociacións benéficas que neste caso son a fundación Child’s Play e a Electronic Frontier Foundation. Unha iniciativa que a min polo menos me fai continuar tendo esperanza na humanidade.

Déixovos o vídeo de presentación e tras este toda a información do pack.

Web The Humble Indie Bundle || Web Child’s Play || Web Electronic Frontier Foundation

Edito: Esquecía comentar que son xogos para Linux, Mac e Windows, non hai escusa!

Campamento de verán no Steam!

Por: Domingo, 3 de Xullo de 2011, 12:23 2 COMENTARIOS

Non amigos, non se trata dunha brincadeira, ou dun campamento como até o de agora coñecemos. Aínda que pareza mentira, os campamentos de verán tamén fixeron a súa aparición no mundo dos videoxogos e con eles, unhas baixadas de prezo incribles.

Como todos os anos, coa chegada do verán, no Steam tamén chegan as rebaixas, e con este divertido slogan, podemos atopar ofertas que van até o 90% de desconto.

Estade atentos, pois cada día hai distintos xogos que están sobrerrebaixados, polo que desde agora, e até o día 10 de xullo, vos recomendaría entrar todos os días no Steam, pois quizais encontredes o voso xogo favorito por un ou dous euros.

Para unha das poucas boas novas que temos os xogadores de PC haberá que desfrutala, non si?

😉

Anotade ben a data do 16 de xuño pois é o día que sairá a luz a ansiada continuación da grandísima aventura gráfica Hollywood Monsters. A cal, da man de FX Interactive, ven cargada de contido por tan só 19,99 €.

No lote orixinal, que inclúe o xogo contando cun completo manual a cor e unha guía oficial por si nos quedamos atascados, tamén ben incluido de balde a primeira parte do xogo completamente de balde.

E por se iso fóra pouco, FX Interactive ven de anunciar tamén que porá a disposición dos usuarios, e completamente de balde, o xogo Runaway, outra inmensa aventura gráfica. A descarga pode realizarse ata o día 16, xusto cando se lanza Hollywood Monsters 2, co que a espera vaise facer máis amena.

Sen máis, só nos queda desfrutar de Runway, mentres agardamos a que chegue o día 16.

FX Interactive

Descarga de Runaway

O día 16 de maio veu de sair ó mercado Terraria, un xogo do que moito se falou dentro do que se deu en chamar escena indie, xogos que con baixo presuposto, non teñen nada que envexar ás grandes produccións.

Trátase en liñas xerais dun RPG de acción en 2D, pero non un RPG ó uso, xa que emprega elementos de xéneros tan dispares coma os xogos de construcción, exploración, recolección, ou aventura. En definitiva, e como os seus propios creadores din, (o pequeno estudio Re-Logic), o espírito do xogo pode resumirse na seguinte frase: “Escava, pelexa, explora, constrúe! Nada é imposible neste xogo de acción e aventura. O mundo é o teu lenzo e a propia terra a túa pintura.”

Ler o resto da entrada »

Chrono Trigger ponse a tiro da PSN

Por: Martes, 26 de Abril de 2011, 17:36 1 COMENTARIO

 

Pois si, parece que este clásico de Super Nes con varios remakes xa feitos, vai aparecer nesta ocasión para a plataforma virtual de PlayStation (que tantos problemas anda a dar nestes últimos días).

Pouco se pode dicir de este clásico que non se dixera xa, Sakaguchi na dirección do xogo, Uematsu na parte sonora, e Toriyama no deseño de personaxes. Todo un plantel de luxo que de feito denominouse “Dream Team”.

Ler o resto da entrada »

A Compañía lucense de Small Wonders, adicada ó desenvolvemento para iOS ven de lanzar o seu terceiro videoxogo, YumYumBoy, un xogo de puzzles no que encarnaremos o papel dun neno que é afeccionado da comida lixo e no que a mecánica de xogo baséase nun estilo próximo ós clásicos tipo Mario & Yoshi ou Columns, no que teremos que facer que o neno colla os alimentos para posteriormente xuntalos con outros tres ou máis do mesmo tipo para facelos desaparecer, comendo así, e superando as diversas fases (40 no modo historia e 40 puzzles) unha vez que nos atopemos fartos.

En todos os apartados o xogo loce un aspecto moi bo, tanto na parte gráfica, onde se nota o bo traballo que leva a cabo Small Wonders neste eido, como na música e sons FX , ou na xogabilidade, que fai que o xogador non poida deixar de xogar, e desexe que por exemplo o bus non chegue ó seu destino para poder seguir pasando puzzles, de feito eu levo dous días sen parar de xogar cando teño un anaquiño.

Ler o resto da entrada »