Beta do Mario Kart 64

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 16:17 1 COMENTARIO

Mario Kart 64 foi un xogo abraiante, mais como moitos outros ten tamén unha versión beta. Aínda que a beta non difire moito do xogo final, é interesante dar unha ollada nela. Falamos entón do Super Mario Kart R.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Saudações ao Leonardo Rolim, que nos pediu que publicássemos este vídeo. 😉

Se xogades co PC, seguro que coñecedes de sobra Humble Bundle. Na web van ofrecendo periodicamente packs de xogos que podes comprar pagando a cifra que queiras. Vaia, así comezaron, actualmente teñen packs de libros electrónicos, apps e xogos de Android e mesmo sacaron unha loxa propia, para comprar os artigos individualmente.

Mais o que define Humble Bundle é que, do diñeiro que pagas, podes escoller que porcentaxe queres que se dedique a obras de caridade. Ou sexa, non só pagas polo xogo, senón tamén por boas causas. E a nova de hoxe é que chegaron á abraiante cifra de 50 millóns de dólares dedicados a eventos de caridade. 50 millóns!

Pois nada, só nos queda darlles os parabéns e desexar que continúen a contribuír dando diñeiro boas obras… e dándonos a nós xogos baratos!

Está aberta a promoción de Indiegala para conseguir gratis o xogo de vacas zombies The Culling of the Cows. Só tes que ir a https://www.indiegala.com/giveaway e seguir as instrucións. Implica seguir a súa conta do Twitter, dar un gústame á súa páxina do Facebook, compartir a promoción no Facebook e inserir o teu correo-e. Feito isto, é só agardar que che envíen a chave por correo-e e reclamala no Steam.

Consigue de balde unha chave de Steam para o Chaos Domain, unha especie de Smash Bros. con robots que parecen sacados do Probotector. Só tes que ir a https://www.indiegala.com/store, inserir o teu correo-e (podes desmarcar o cadro para non subscribirte) e chegarache un correo coa chave. Feito iso, é só reclamar a chave no Steam e xogar de balde!

Beta do Super Mario 64

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 11:14 2 COMENTARIOS

Super Mario 64 foi un dos primeiros xogos lanzados para a Nintendo 64, a primeira consola de Nintendo que apostaba polos gráficos en 3D. Mediante ensaio e erro, os desenvolvedores crearon un dos maiores videoxogos de todos os tempos, e eran ben conscientes diso. Por iso, o Super Mario 64 foi mostrado ao público moitas veces durante o seu desenvolvemento, o que deu á xente a oportunidade de tirar fotos e vídeos do proceso que pasou o xogo até a súa versión definitiva.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Os gamers claman por innovación, novas ideas, mais son un fato de hipócritas. Só hai que ver as vendas do último FIFA, Madden, Call of Duty ou Battlefield e comparalas cos xogos máis innovadores, como Portal. Que non estades de acordo? Dade unha ollada ao vídeo e despois comentade…

Canal | The Game Theorist

[1º de abril] Facebook compra SEGA

Por: Martes, 1 de Abril de 2014, 13:44 1 COMENTARIO

«No 1º de abril van os burros onde non deben ir»

Este artigo foi unha brincadeira do Día dos Enganos. Todo o que di é inventado.

Se por algo destacou Facebook nos seus primeiros anos foi polos xogos. Eran simples aplicacións en flash, mais o feito de poder xogar de modo social deulle unha nova volta ao concepto. Moitos outros foron detrás, como Nintendo co seu Wiiverso, mais sen a enorme base de usuarios que ten a rede de Zuckerberg é difícil chegar a callar no mercado.

E así chegamos aos novos movementos de Facebook. Hai menos dunha semana anunciaban a compra da empresa de realidade virtual Oculus VR por 2.000 millóns de dólares, no que os medios cualificaron como primeiro paso dunha incursión no ámbito dos videoxogos. Hoxe, para sorpresa de moitos, foi anunciada a compra da compañía nipona SEGA, coñecida por desenvolver sagas tan famosas como as do ourizo Sonic ou Crazy Taxi.

Mark Zuckerberg (CEO de Facebook) e John Cheng (Presidente de SEGA of America) na rolda de prensa desta mañá.

Mais o prezo que pagou Mark non foi barato. A compra realizouse por 23.000 millóns de dólares, superando así os 16.000 que pagou por Whatsapp e situándose como a compra máis cuantiosa realizada pola rede social até a data.

Debemos entón preocuparnos? Para nada. Desde SEGA enviaron un comunicado anunciando que nada vai mudar. Continuará a desenvolver xogos para as principais plataformas e o seu acordo con Nintendo acerca da saga de Sonic seguirá vixente polo momento. Da parte de Facebook dixeron que se trataba dunha adquisición estratéxica que non mudará nada, mais non deixan de crecer os rumores dun novo centro de xogos dentro da rede social, a medio camiño entre Steam e Google Play Games.

Estará Facebook a abranxer demasiados ámbitos? Suporá isto un paso sen retorno aos xogos sociais? Voltará SEGA á primeira liña de combate no mundo dos videoxogos? Quen sabe…

Quen ía dicir aos chineses que inventaron este instrumento hai máis de 3.000 anos que ía ser perfecto para tocar as musiquiñas do Super Mario Bros.? Se mesmo fai o son das moedas!

Vía | Gizmodo Brasil

Player.me, o perfil dos xogadores

Por: Mércores, 19 de Febreiro de 2014, 15:50 COMENTAR

playerme

Vivimos nunha época dominada polas redes sociais. A maioría da xente que nos estades a ler tendes perfil en Facebook, Twitter, Google+ (pode que non o saibades, mais tendes), Youtube, Instagram… e mesmo alguén conservará o do Tuenti. E foi esta diversidade de redes a que levou á aparición de servizos de perfís simples onde reunir toda a información e ligazóns ás túas redes sociais, unha sorte de cartóns de visita da era cibernética. Deste modo xurdiron iniciativas con bastante éxito como about.me.

E agora, meu querido lector, estarás a pensar: Moi ben, moi interesante todo, pero que carallo ten isto que ver cos videoxogos?. Acouga un pouco, queres? Non vaia ser que me quente, saque a Nintendo 64 e che dea unha malleira no Smash Bros.

Neste escenario nace player.me, o servizo de perfís para gamers. Aínda está en beta pechada e só se pode acceder mediante convite, mais podedes ver xa algúns perfís para vos facer unha idea de como vai. Tes a túa páxina coa túa foto, os teus perfís nas redes sociais e plataformas de xogo online, unha colección dos teus vídeos (para os teus gameplays ou reviews), unha listaxe dos teus xogos favoritos e unha bio para falares un pouco de ti. Tamén inclúe a opción de seguir aqueles perfís que che interesen, para estar atento ás novidades.

Poida que non vaia revolucionar a internet, mais é un servizo ben interesante para os que fan dos videoxogos a súa forma de vida.

Temén che pode interesar… | As redes sociais para videoxogadores

20 anos de Playstation [Infografía]

Por: Martes, 11 de Febreiro de 2014, 23:09 COMENTAR

Goat Simulator, o simulador de cabra

Por: Martes, 11 de Febreiro de 2014, 22:55 1 COMENTARIO

Mágoa que sexa falso… ser unha cabra sempre foi meu soño secreto.

Vía | Microsiervos

achievment

Hoxe en día desbloquear proezas nos xogos é algo bastante banal… nos tempos da NES a recompensa prestaba moito máis.

Vía | Geeks are Sexy