Beta do Super Mario Sunshine

Por: Domingo, 15 de Novembro de 2015, 11:55 COMENTAR

Ven desfrutar do paraíso tropical da Isle Delfino! Déitate na praia de Battleship Island, escala ao cume de Erto Rock e pasa a noite no Hotel Lacrima!

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Beta do Luigi’s Mansion

Por: Xoves, 15 de Outubro de 2015, 11:52 COMENTAR

Luigi’s Mansion é un deses xogos cunha beta tan interesante que había que facer un vídeo sobre ela… e, vaia, aquí o tendes.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Beta do Banjo-Kazooie

Por: Martes, 15 de Setembro de 2015, 11:49 COMENTAR

Algunha vez pensaches que un abraiante plataformas como o Banjo-Kazooie puidese vir dun RPG pirata para a Super Nintendo? Pois así é, e no vídeo contan como foi iso.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Beta do Donkey Kong 64

Por: Sábado, 15 de Agosto de 2015, 11:46 COMENTAR

Mergúllate no mundo do Donkey Kong 64 e desfruta das texturas e sons sen usar!

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Beta do Super Smash Bros. Brawl

Por: Sábado, 1 de Agosto de 2015, 17:01 COMENTAR

Existe unha saga de xogos de loita mellor que o Smash Bros.? Non quero sabelo. Deixádeme! O caso é que aquí tendes a beta da versión de Wii, o Super Smash Bros. Brawl.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Beta do Super Paper Mario

Por: Mércores, 15 de Xullo de 2015, 11:42 COMENTAR

Que xogo tes cando misturas as plataformas do Super Mario e os elementos RPG do Paper Mario? Super Paper Mario! E que tes cando un xogo muda de sistema durante o desenvolvemento? Un feixe de material beta!

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Beta do Super Smash Bros. Melee

Por: Mércores, 1 de Xullo de 2015, 16:57 COMENTAR

A secuela do Super Smash Bros. orixinal é a día de hoxe considerado o mellor de toda a saga. Vaia, se cadra pode haber debate co Super Smash Bros. for Wii U, mais é certamente mellor que o Super Smash Bros. Brawl. Sexa como for, neste vídeo repasan a beta do xogo.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Xunto ao Zelda: Oracle of Ages e o Zelda: Oracle of Seasons, estaba previsto que houbese un terceiro xogo. Cada xogo representaría unha parte da Triforza e unha das deusas de Hyrule. Mais… hai cousas que non poden ser. Aínda así, non nos podemos queixar dos dous xogos que temos, auténticas obras de arte.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Beta do Zelda: Wind Waker

Por: Venres, 15 de Maio de 2015, 11:34 COMENTAR

Aínda que non hai moito material sobre a beta, existen unha chea de espazos sen usar. Se queres saber máis sobre eles, visita este link: http://tcrf.net/The_Legend_of_Zelda:_The_Wind_Waker/Unused_Rooms

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Final Fantasy VII é un dos maiores xogos da historia, e a historia que hai detrás seu desenvolvemento é moi interesante. Dade unha ollada no vídeo.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Beta do Sonic Adventure

Por: Mércores, 15 de Abril de 2015, 11:26 COMENTAR

Sonic Adventure é unha das maiores “aventuras” de Sonic. E sendo o primeiro xogo de Sonic completamente en 3D, podes ter a certeza de que hai un lote de ideas, esbozos e obxectos descartados. Tantos, que mal caben todos neste vídeo!

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Beta 64

Xogo cancelado: Ura Zelda

Por: Mércores, 1 de Abril de 2015, 16:39 COMENTAR

Ura Zelda ía ser unha extensión para o Zelda: Ocarina of Time pensado para o 64DD, un periférico da Nintendo 64 que resultou un fiasco. Unha mágoa.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind