Memoria Pixelada somos a primeira web completamente en galego dedicada ao mundo dos videoxogos.

O equipo de Memoria Pixelada:

  • ID:

    @DonSkaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum (1840) »

    "A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles."

  • ID:

    @NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow (575) »

    "A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos."

  • ID:

    @AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ (245) »

    "Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade."

  • ID:

    nach | Ver as entradas publicadas por nach (139) »

    "Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo."

  • ID:

    @AgosReigosa | Ver as entradas publicadas por AgosReigosa (19) »

    "Nintendeiro de orixe gustame xogar e probar de todo. Xogador da Mac Master Race."


    • Outros colaboradores:

      • @MouchoBranco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco (50) »

        "Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles)."

      • srgago | Ver as entradas publicadas por srgago (22) »

        "Dende que os meus irmáns maiores chantáronme nuna cadeira a xogar ós winter e california games os xogos foron unha constante na miña vida. Continuando como xogador de SEGA na MegaDrive. Nas portátiles caín coma calquera na GameBoy e as súas sucesoras e máis adiante absorberonme as sucesivas consolas de SONY. E por suposto sempre co PC até de agora que sigo niso, con menos tempo coas responsabilidades da vida adulta pero as mesmas ganas de probar novas experiencias."

      • Hikari Chan | Ver as entradas publicadas por Hikari Chan (8) »

        "Entrenadora Pokémon dende primeira xeración. Casual gamer. Os videoxogos forman parte da miña vida dende que son unha cativa. A DS sempre me acompaña. E a MO04 tamén."

      • manudebroco

      • @entebras

        "Admirador empedernido da cibercultura e de Xapón, comecei cun MSX de Sony de 64 KB. Falo varias linguas, algunhas delas con liña de comandos. Vivindo no mundo analóxico, loitando na Distopía dixital."

      • @carloscarreira9

        "GG (gamer e galego). De pequeno xogaba ao Pokémon Azul enriba das pacas."

      • OtioBusto

        "Guitarras e videoxogos, videoxogos e guitarras. Unha mata de afro dende a Lugoslavia."

        • Se queres facer algunha crítica, suxestión, opinión, colaboración ou calquera outra cousa que che veña á cabeza, ponte en contacto connosco no correo-e contacto@memoriapixelada.com.