Evoland 2

Por: Domingo, 29 de Xullo de 2018

Evoland 2 é a secuela do vídeoxogo Evoland ,aínda que a historia e personaxes son diferentes e nada teñen que ver, na que  os gráficos van mudando a medida que a historia avanza, moito máis longo ca o seu predecesor o cal era máis un experimento ca un xogo en si, no Evoland 2 está máis coidado tanto lonxitude do xogo como historia, en Evoland 2 aínda que sexa un JRPG ten mestura de moitos xéneros dos 90 e  algúns incluso dos 80 tales como bet in up, rpg táctico, comecocos. estratexia, a serpe etc

O xogo goza de multiples guiños a outros títulos coma o super mario, zelda etc sendo , ademáis dun xogo perfecto para os amantes do retro, unha gran homenaxe

O xogo podedes atopalo en Steam, o xogo só está dispoñible en inglés, francés e alemán de xeito oficial e , ao igual ca no primeiro Evoland , dispón dunha tradución ao castelán non oficial mediante un parche

 

 

Sobre o autor:

anxo_cruel | Ver as entradas publicadas por anxo_cruel »

Deixar un comentario