Beta do Super Smash Bros. Melee

Por: Mércores, 1 de Xullo de 2015

A secuela do Super Smash Bros. orixinal é a día de hoxe considerado o mellor de toda a saga. Vaia, se cadra pode haber debate co Super Smash Bros. for Wii U, mais é certamente mellor que o Super Smash Bros. Brawl. Sexa como for, neste vídeo repasan a beta do xogo.

Nota: O vídeo está en inglés.

Canal | Yuriofwind

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario