O mundo dos videoxogos, obxectivo de moitos desprezos e de moitos prexuízos ao longo dos anos sufriu unha enorme expansión nos últimos tempos, principalmente da man das consolas de Nintendo e en xogos “casual” de PC. Sagas como Sims, Singstar, Buzz, e outros mais complexos e consolas como a PS2, Wii ou as DS fixeron que unha morea de xente seguise a entrar neste mundo e percorrer todo os seus ámbitos e lugares.

Desde Memoria Pixelada queremos contribuír co noso gran de area e dar a nosa opinión. E o noso xuízo recomendándovos os 15 xogos que, na nosa opinión, son os mellores se queres comezar a descubrir o que a nosa paixón pode achegar á vosa vida.

Tentaremos tocar todos os paus e toda as plataformas, puxando ás veces cara a multiplataforma para que, teñades o que teñades dispoñíbel no voso contorno, poidades acceder a eles. Nalgúns casos poñemos mais dun xogo, é unha pequena trampa, pero é para deixar ver que con calquera deles cubrimos un mesmo tipo de xogo e vos damos a escoller, xa sea pola temática ou o estilo que prefirades. Sen máis, pasamos a recomendar os 7 primeiros.

Wolf Among Us / The Walking Dead

the-walking-dead

Telltale Games, pese a que os seus últimos títulos non están ao nivel esperado, xa pode darse por satisfeito despois de producir esta dúas xoias, do mellor que podemos ver en narrativa e personaxes no xénero das aventuras gráficas, que xa hai tempo que non está no seu mellor momento. Aínda que parece que a aparición dos indies e algunha empresa como a propia TellTale estalle a dar unha segunda xuventude.

Xogo de mecánica sinxela, baseado na toma de decisións. Wolf Among Us basease na saga de comics Fábulas cunha precuela que formula a aparición das personaxes dos contos no mundo real mentres que The Walking Dead aborda unha historia paralela á que vemos nos comics homónimos, posteriormente malogrados nunha serie de televisión que bota por terra todas as súas premisas orixinais. Nela seguimos o viaxe de Lee e Clementine, a nena a que se ve obrigado a coidar, e a súa loita para sobrevivir a apocalipse zombi e atopar os seus pais.

Half life

Supón un antes e un despois na industria. Tanto a primeira entrega da saga como o Half Life II son uns clásicos do xenero dos shooter, cunha historia que deu orixe á lenda que hoxe en día é Valve. Pensemos que sen Half Life, probablemento o escenario actual dos videoxogos no sería nin de lonxe o que estamos a vivir.

 

Braid/Limbo

limbo

Estes xogos de plataformas foron uns dos responsábeis do boom indie. Braid é un xogo de plataformas aparentemente sinxelo pero que porá moitos retos diante de nos, no que controlamos a Tim, un heroe en busca da súa princesa, pese a que de comezo non temos moitos datos da súa historia, pouco a pouco iremos descubrindo máis. E o remate do xogo…. Xogádeo e nos contades a vosa opinión.
Limbo, se algo ten que destacar e a súa innovadora posta en escena. A súa arte súmenos na total escuridade mentres percorremos uns escenarios destacados na contraluz sen mais son que o ambiente na maioría do xogo o que crea unha atmosfera perfecta para acompañar a historia deste neno na súa viaxe polo bordo do inferno.

 

New Super Mario 2 para 3DS / New Super Mario U para WiiU

Clásico plataformas atemporal, divertido, sinxelo e para todos os públicos no que encarnaremos ó personaxe mais célebre da historia dos videoxogos. Mecánicas divertidas que nunca pasan de moda e moitas horas diante da nosa consola. Se ano após ano seguen a ser uns éxitos de vendas, algunha razón haberá e non iredes desencamiñados se os probades. Pode que non os abandonedes nunca. Que máis podedes pedir?

 

Portal / Portal 2

E de novo nos topamos con Valve. Portal xurdiu case coma un experimento dentro da Orange Box, case coma unha proba curiosa dunha idea orixinal. Mais a súa repercusión no público foi tan grande que axiña foi moito máis do que iso. A premisa e a mecánica do xogo sonche ben sinxelas, resolver os crebacabezas que se presentan nuns escenarios 3D coa axuda dunha pistola de portais que nos permitirá colocar nas paredes, teito e chan no noso rango de visión un portal de entrada e outro de saída para poder atravesalo dun lugar a outro ou mandar obxectos a través deles. Isto xa é divertido de seu, mais non queda alí a cousa.

A historia de Chell, a protagonista, chega a absorberte de tal xeito que non podes deixar de xogar. Ten un dos antagonistas máis carismáticos que tiven a sorte de vencer e a cantidade de recunchos e acenos da historia fai que pese a que hai anos que o xoguei, cada vez que visito a wiki de portal ou leo sobre o mundo creado para esta saga descubra cosas novas. Recoméndovos que non perdades nin unha palabra das conversas que se van dando durante o xogo, de modo que non o xoguedes sen son ou perderedes moito da maxia do xogo.

Saga Bioshock

Bioshock_Infinite

E se falamos de historias impresionantes e mundos atractivos non podemos evitar falar desta saga. Coas súas 3 entregas, non podo dicir que atopase ninguén a quen non lle gustase ningunha delas. De primeiras topámonos cun shooter, pero un xogo que realmente pasaría sen máis polos escaparates do seu propio xenero se falamos de mecanicas puras e duras, cando paramos a mirar ao noso redor, a escoitar e ler todos os documentos que se nos presentan o longo do xogo, se escoitamos detalladamente os sons que nos arrodean dámonos de conta de que estamos nun universo perfectamente creado, con elementos combinados da forma adecuada que fan que o xogo non pase desapercibido e namoremos de cada rúa e de cada edificio e personaxe con que nos cruzamos.

En todos os casos a recreación é anacrónica cunha estética moi retro e decadente á vez que unha tecnoloxía futurista. E mentres que nos dous primeiros casos visitamos Rapture, unha cidade sumerxida de face oscura, lembrando a propia Atlantida, en BioShock Infinite visitamos Columbia, unha cidade flutuante dun aspecto moito máis luminoso. Cada unha ten os seus detractores e os seus seguidores. Ti de que es, de Rapture ou de Columbia?

 

Catherine

CatherinePs3Orig

Un dos títulos que mais conseguiu sorprenderme nestes anos foi Catherine, un xogo que chegou sen moito bombo por parte de Atlus. Aínda que teño que recoñecer que tardei moito en xogalo, pois non esperaba nada del, así que o fixen puiden recoñecer ante min un título deses que non teñen moitas aspiracións pero poñen a coraxe de presentar unha idea nova, arriscada e felizmente con moi bo resultado.

Coido que é un xogo de extremos, ou gústache ou non lle vas coller o punto por moito que o probes. Conta cunhas mecánicas moi aditivas sen deixar de lado o aspecto visual, nel, teremos que ir pasando niveis rubindo por unha pirámide formada por cubos. Segundo imos avanzando, os niveis inferiores van caendo, de modo que temos que facelo rápido. Vaste sorprender, despois duns poucos niveis da velocidade que vas acadar nestes crebacabezas.

Todo isto vai aderezado cunha historia moi trouleira na cal controlaremos o protagonista nas súas noites de bares, decidindo sobre a súa vida amorosa cando se ve seducido por unha estraña muller. Desde ese momento, comeza a sufrir unhas ensoñacións que o van ter moi desacougado. Non fagades caso aos vosos prexuizos e probádeo.

E con estes 7 xa o deixamos até a semana que ven. Esperamos que co que hai xa podades botar unhas boas horas de xogo. Cales recomendariades vós?

Sobre o autor:

srgago | Ver as entradas publicadas por srgago »

«Dende que os meus irmáns maiores chantáronme nuna cadeira a xogar ós winter e california games os xogos foron unha constante na miña vida. Continuando como xogador de SEGA na MegaDrive. Nas portátiles caín coma calquera na GameBoy e as súas sucesoras e máis adiante absorberonme as sucesivas consolas de SONY. E por suposto sempre co PC até de agora que sigo niso, con menos tempo coas responsabilidades da vida adulta pero as mesmas ganas de probar novas experiencias.»

2 Comentarios a “15 xogos cos que entrar no mundo dos videoxogos (Parte 1)”

  1. Javier di:

    O counter strike 1.6 debería estar sen dúbida

Deixar un comentario