toejam1
Voltamos a 1994, acendemos a nosa Sega Megadrive e chantámoslle o cartucho de ToeJam & Earl: Panic on Funkotron. Dispoñémonos a xogar a un plataformas cunha ambientación do mais gamberra. Este xogo foi desenrolado por Johnson Voorsanger Productions como secuela do xogo ToeJam&Earl de 1991 que tan ben funcionara. Sendo este primeiro xogo un xogo de aventuras e exploración decidiron dar un troco cara as plataformas, o que ergueu as protestas dos seguidores. Anos despois, os xogadores do futuro o poderían desfrutar na PSN, Xbox Live Arcade e a Consola Virtual de Wii, ademais dos emuladores de Genesis/Megadrive, como no Emulador Web SSEGA.

toejam2

Caixa do cartucho de SEGA Genesis ou MegaDrive

 

Personaxes

Poderemos tomar o control dun destes dous personaxes, o dos dous se xogamos en cooperativo.

ToeJam

Un extraterrestre vermello de tres pernas cunha cadea e una gorra cara atrás.

toejam3

Earl

Un recheo extraterrestre laranxa cunhas bermudas (O xerme de Patricio Estrela?)

toejam4

Ambos son extraterrestres provintes do planeta Funkotron.

Historia

Segue a historia do primeiro xogo no que os nosos personaxes aterraban no noso planeta para finalmente acadar escapar dela. Agora, de volta en Funkotron, este está cheo de terrícolas (Earthlings) que chegaron na súa nave e que ToeJam e Earl deberán capturar para mandalos de volta ó seu planeta. Os escenarios son coloristas, moi “noventeiros” e con colores rechamantes mentres que a música coma cabía esperar dun planeta chamado Funkotron ten ritmos moi funk e foi altamente valorada no seu momento. Dáselle moita importandia e incluso teremos un minixogo rítmico de baile en algúns momentos do xogo.

A mecánica é sinxela, é un plataformas de scroll horizontal no que deberemos chegar ó final del, sempre e cando atrapáramos todos os terrícolas que haxa nel. Existen tres accións básicas, o salto, unha especie de teletransporte que nos move unas metros cara os lados e o lanzamento duns botes chamados Trap-o-Matic Jars (decídeme que non é todo noventeiro 100%) con que teremos que dar ós terrícolas para poder atrapalos. O que sumase o uso dos botóns de movemento que servirán para moverse e para pescudar nas árbores e vexetación por terrícolas agochados, ademais de premer botóns e demais interaccións.

Inimigos

Os terrícolas serán á vez os inimigos e os obxectivos do xogo

Os terrícolas serán á vez os inimigos e os obxectivos do xogo

Os terrícolas serán os nosos principais inimigos e, á vez, os nosos obxectivos. Atoparemos diferentes tipos, como os “guiris” sacando fotos e que atordarannos co flash, a nena ou o obreiro do martelo pneumático e outros moitos que veredes se o probades. Ademais atoparémonos con outros inimigos locais.

Fases

Escenarios con moitas cores e estilo funk

Escenarios con moitas cores e estilo funk

Nas diferentes fases iremos percorrendo diferentes zonas de Funkotron, nas que veremos moitos seres oriúndos que veranse inmersos no caos que desatou a chegada dos terrícolas. Todo envolto nunha retranca que sacaranos máis dun sorriso. O sistema de gardado será o típico de códigos alfanuméricos xa que por esta época, a meirande parte dos cartuchos non tiñan memoria para escribir partidas neles, pese a que xa en 1987 o The Legend of Zelda de Nintendo fora o primeiro en contar con gardado de partidas, isto non se fixo habitual ata moitos anos despois, xa na seguinte xeración de consolas.

Valoración xeral

É un xogo moi divertido, dunha época dourada das plataformas, que a mais dun lembraranos épocas pasadas. Coa sua música, as suas cores e a súa simpatía de seguro que aseguraranos varias horas de xogo moi entretidas.

Por se lle queredes botar unha ollada, existe en kickstarter unha iniciativa para lanzar un novo xogo da saga.

Kickstarter ToeJam&Earl: Back in the groove

Persoalmente non me parece que teña unha pinta memorable, pero tal vez pague a pena darlle unha oportunidade.

Sen mais que engadir, velaí vos queda un video dun xenio do xogo, mete medo como vai avanzando sabendo onde cae todo…

 

Sobre o autor:

srgago | Ver as entradas publicadas por srgago »

«Dende que os meus irmáns maiores chantáronme nuna cadeira a xogar ós winter e california games os xogos foron unha constante na miña vida. Continuando como xogador de SEGA na MegaDrive. Nas portátiles caín coma calquera na GameBoy e as súas sucesoras e máis adiante absorberonme as sucesivas consolas de SONY. E por suposto sempre co PC até de agora que sigo niso, con menos tempo coas responsabilidades da vida adulta pero as mesmas ganas de probar novas experiencias.»

Deixar un comentario