Novos xogos de PS Plus para marzo 2015

Por: Xoves, 5 de Marzo de 2015

PS-Plus

Dende onte, temos dispoñibles os novos títulos de este mes de marzo en PS Plus.

Para quen non o saiba, PS Plus é o modelo de subscrición de Sony para as súas consolas. Comezou hai uns anos para PS3 incluíndo cada mes varios xogos que podías obter se pagabas unha subscrición mensual (que podía pagarse mensual, trimestral ou anualmente para aforrar cartos). Dende entón incorporáronse ó plantel a PSVita primeiro e a PS4 despois, incorporando esta última a subscrición obrigatoria para xogar online.

Vendo o nivel dos títulos que habitualmente vemos chegar nesta modalidade é moito máis que recomendábel facerse con ela. Este mes de marzo teremos dous títulos para PS4, dous para PS3 e dous xogos multiplataforma de corte mais indie.

Xogo Consola Prezo habitual
Oddworld: New ‘n’ Tasty PS4 20,99 euros
Valiant Hearts PS4 14,99 euros
Papo & Yo PS3 7,99 euros
Sherlock Holmes: C&P PS3 49,99 euros
OlliOlli 2 PS4/PS Vita 9,99 euros
CounterSpy PS4/PS3/PS Vita 12,99 euros

Pola miña parte recomendo enerxicamente calquera destes títulos, xa que este mes a selección foi xenerosa, especialmente o Valiant Hearts, unha aventura de agradábel grafismo sobre a primeira guerra mundial para PS4, o Sherlock Holmes para PS3 e o OlliOlli 2, que para que vos fagades unha idea de por onde vai o xogo podedes ver o gameplay da primeira parte que presentamos onte en Twitch.

Sobre o autor:

srgago | Ver as entradas publicadas por srgago »

«Dende que os meus irmáns maiores chantáronme nuna cadeira a xogar ós winter e california games os xogos foron unha constante na miña vida. Continuando como xogador de SEGA na MegaDrive. Nas portátiles caín coma calquera na GameBoy e as súas sucesoras e máis adiante absorberonme as sucesivas consolas de SONY. E por suposto sempre co PC até de agora que sigo niso, con menos tempo coas responsabilidades da vida adulta pero as mesmas ganas de probar novas experiencias.»

Deixar un comentario