1c31c6d1970da9f5958776c72ee77cf9_original

Hai unhas poucas horas finalizou o crowdfunding na plataforma kickstarter do novo xogo de Hifumi Kono, creador da serie de xogos Clock Tower. Baixo o estudio Playism Games presentan un  novo survival horror que creceu baixo o nome de Project Scissors. Non falaremos neste caso dunha financiación de cifras históricas como as temos vistas con outros títulos, pero sobroulle case un día para acadar os 300.000 $ que pediran, chegando á hora do seu peche a 314.771 $ unha cifra que de seguro axudará ó estudo a achegarnos esta peza que xa está a erguer as expectativas de moitos fans que atopáronse de novas con esta proposta.Unha mágoa que non se acadase ningún dos obxectivos que se estableceron por riba do límite de financiación como eran unha maior diversidade de mortes, un personaxe engadido, ou as versions de PS4 e XBoxOne.

O certo e que lle falta traballo por diante o estudio xaponés, pero xa nestas primeiras imaxes de gameplay pódese ver que a súa promesa de condensar a esencia das películas de terror xaponesas estase a cumprir e fainos pensar ata onde poderán chegar se fan un bo traballo.

Quedamos a espera e vos deixamos a páxina de kickstarter e a web do estudio para que podades seguir o seu futuro.

Playism Games

Kickstarter do proxecto

Sobre o autor:

srgago | Ver as entradas publicadas por srgago »

«Dende que os meus irmáns maiores chantáronme nuna cadeira a xogar ós winter e california games os xogos foron unha constante na miña vida. Continuando como xogador de SEGA na MegaDrive. Nas portátiles caín coma calquera na GameBoy e as súas sucesoras e máis adiante absorberonme as sucesivas consolas de SONY. E por suposto sempre co PC até de agora que sigo niso, con menos tempo coas responsabilidades da vida adulta pero as mesmas ganas de probar novas experiencias.»

Deixar un comentario