Xa podemos xogar a Alchemilla

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015

Pode que a moitos non vos soe o nome Alchemilla, pero de seguro que Silent Hill si que o fai. Antes de seguir lendo, botade unha ollada a este vídeo:

Alchemilla é un mod feito para o motor Source baseado no universo Silent Hill, pero os seus creadores recalcan unha e outra vez que non é unha versión de ningún dos xogos da saga.

O xogo está baseado por completo en resolver puzles, mantendo da lexendaria saga a presión de non ter modo de defenderse dos inimigos mentras tentas atopar as solucións, o que de seguro que fará que máis de un recorde as sensacións provocadas polo xogo de Konami.

Xa que é un mod, Alchemilla require ter instalado no noso equipo a ferramenta Source SDK Single Player 2013, que está entre as que poden ser descargadas gratuitamente dende Steam, e o xogo o podemos descargar dende esta web.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario