Os videoxogos SON cultura

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015

GTA V Foto

Son dos que considera que antes de lanzarse a dicir nada o primeiro que hai que facer é pensar e reflexionar sobre aquelo que imos dicir en voz alta, pode que iso fose o que lle fallou a Forges o 10 de setembro do ano pasado cando publicaba esta viñeta xa coñecida por todos, aínda que a xulgar polas declaración que lle puiden escoitar días máis tarde en ‘Fallo de sistema’, un programa de Radio 3 moi recomendable sobre videoxogos, ciencia ficción, etc, parece que simplemente escribir nun xornal ou ter unha opinión non significa que esta teña que ser a correcta. Deixando a Forges a parte, que xa bastante tivo co que tivo no seu momento, e centrándonos un pouco máis no tema deste artigo, son os videoxogos cultura? e porque?

 

Comecemos polo máis obvio, responden os videoxogos á definición de cultura que podemos atopar no diccionario, segundo a RAG teríamos dous significados para a palabra cultura.

 

1. “Conxunto de coñecementos xerais que posúe unha persoa, adquiridos mediante a instrución ou a experiencia.”

2. “Conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan as sociedades humanas organizadas, particularmente as máis avanzadas.”

 

O primeiro moito máis persoal, pero aínda así a considerar, xa que unha sociedade non deixa de estar definida pola súa cultura, e esta polo conxunto de culturas persoais de cada un de nós, que pese a poder ser diferentes nos detalles son moi similares a grandes rasgos. Son os videoxogos parte destos coñecementos, crenzas e costumes que nos caracterizan? Podo dicir sen medo que si, que na nosa sociedade todo o mundo coñece a Mario Bros, o Tetris, os Pokemos e incluso se me apurades ata coñecen o GTA e o Call of Duty como os referentes culturais e de diversas xeracións que son merecidamente. É complicado pensar na nosa sociedade sen a parte de consumidores de videoxogos, sen as constantes referencias que se fan a estos na nosa vida cotiá, cando se encaixan ben as cousas como se foramos un maestros do Tetris, por poñer un exemplo. Así que si, se atendemos a definición os videoxogos son cultura, son parte da nosa cultura.

 

Fez PS4

Pero evidentemente unha definición non deixa de ser iso, e máis se temos en conta as últimas inclusión da RAE que nos deixaron a máis de un coa boca aberta. Quizás para entender porque os videoxogos son cultura temos que comezar a pensar neles como na suma de múltiples factores que de por si son cultura dende fai moito tempo, pois pese a que detrás de un videoxogo hai moitas cousas, hai tres que podemos destacar e das que ninguén negará que son cultura. Estes tres aspectos son a música, a imaxe/deseño e a historia. Un libro é cultura, unha canción é cultura, e unha pintura é cultura, porque unha obra na que se misturan unha historia cun deseño e unha banda sonora deixa de ser cultura? Son a suma de estos factores as que nos fan ser protagonistas de esta historia, tomar as decisións e avanzar a través dela dunha forma ultra-inmersiva, dunha forma similar a como ocorre no cine, outra forma cultural, pero podendo tomar nós as decisións. Como todo isto non vai ser cultura?

 

Pode que os videoxogos non sexan unha forma cultural centenaria como o poden ser a pintura ou os libros, pode que non todas as sociedades teñan unha cultura do videoxogo como si a teñen do baile e da música, e pode que non todos os videoxogos sexan obras maestras que deban ser parte da nosa memoria para sempre, e é o normal, estamos acostumados a que a cultura se ensine nas escolas pero non sempre vai ser así, os videoxogos son cultura,  saber que é o Tetris, Atari ou quen é Shigueru Miyamoto é parte da cultura xeral da nosa sociedade, xogues ou non a videoxogos, debes saber quen son.

Sobre o autor:

@AgosReigosa | Ver as entradas publicadas por AgosReigosa »

«Nintendeiro de orixe gustame xogar e probar de todo. Xogador da Mac Master Race.»

2 Comentarios a “Os videoxogos SON cultura”

  1. […] Tecnoloxía ·  Withings Activité · Sony Smartwatch 3 · Google Glass · Whatsapp Web · Presentación Microsoft · Artigo Videoxogos […]

Deixar un comentario