Total War: Attila mostra un novo vídeo

Por: Martes, 20 de Xaneiro de 2015

O vindeiro xogo da saga Total War, que estará baseado no rei dos hunos mostrou un novo trailer, no que podemos ver unha das novas características que aporta esta entrega á saga: o movemento das civilizacións.

Deste modo, un pobo poderá trocar nunha columna nómada e liscar do seu fogar ante unha amenaza, o que de seguro salvará a moitas das nosas unidades que noutros xogos da saga ían ter un destino fatal, ou permitirá facer que a nosa civilización pase a ser un exército móvil xigante, co que poder atacar dun modo non visto nunca antes na saga ós nosos inimigos.

O xogo chegará ós nosos PC o vindeiro 17 de Febreiro.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario