Anuncios Nintendo Direct 14/01/2015

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015

Como xa saberedes onte tivemos o primeiro Nintendo Directo do ano, un evento que como sempre vén cargado de novidades e anuncios que nos manteñen actualizados respecto ao que vai ser o futuro a corto plazo da compañía nipona. Por se non tivestedes a oportunidade de velo en directo velaquí tedes un pequeno resumo de tódalas novidades e actualizacións que se presentaron onte.

Iwata-Mario-Luigi

-Fire Emblem 3DS (nome provisional): Nova entrega deste xogo de rol estrátexico. Producido polo equipo de Intelligent Systems, cun argumento escrito por Shin Kibayashi e con Kozaki Yusuke ao mando do deseño dos novos personaxes, nesta edición tomaremos decisións e enferentarémonos a novos desafíos que farán que o mundo de fantasía vaia cambiando ao longo da historia. Aínda non hai data de lanzamento oficial.

 

-Puzzle & Dragons Z + Super Mario Bros: De gran popularidade en Xapón, ambos xogos chegarán en pack para a 3DS a Europa en maio.

 

-Pokémon Shuffle: Novo free-to-play para descargar na eShop da Nintendo 3DS a partir de febreiro. O obxectivo do xogo é unir en grupos unhas xemas ata facelas desaparecer. Contará cun sistema de vidas que se esgotarán con cada partida, e haberá que esperar a que se recarguen.

 

Os xogos de Wii poderán descargarse na Wii U: Custarán 19,99 € pero, despois  da primeira semana do seu lanzamento, terán un precio promocional de 9,99 €. En principio, estarán dispoñibles o Super Mario Galaxy 2 (14 xaneiro), Donkey Kong Country Returns (22 xaneiro) e Metroid Trilogy (29 xaneiro).

 

-Novos amiibos: Proximamente, estarán á venda Lucinda, Daraen, Wario,  Charizard e Pac-Man para o Super Smash Bros. Ademais, Nintendo desvelou unha nova colección de figuras basada nos personaxes de Mario, que contará con Mario, Luigi, Peach, Yoshi, Bowser e Toad. Serán compatibles co Mario Party 10, que chegará ao mercado o vindeiro 20 de marzo, e a figura de Toad poderá utilizarse ademais no xogo Captain Toad: Treasure Tracker a partir dese mesmo día.

 

-Splatoon: Este xogo de disparos de pintura sairá á venda en maio para Wii U. Haberá distintos tipos de armas, e as equipacións terán tamén diferentes efectos.

 

-Xenoblade Chronicles X para Wii U: Un dos RPG máis esperados no que se poderá descubrir un mundo aberto. En Xapón chegará ás tendas o 29 de abril. Nós teremos que esperar un pouco máis.

 

-Mario vs. Donkey Kong Tipping Stars: Este xogo de puzles e plataformas estará dispoñible o 20 de marzo para Wii U e 3DS na Eshop, ou a modo de códigos en tendas. Ademais, se mercas unha copia do xogo na Eshop, obterás un código para regalalo a un amigo.

 

-New Nintendo 3DS/ 3DS XL: Chegarán a Europa o 13 de febreiro. A primeira estará dispoñible en branco e negro, mentres que a versión XL será negra ou azul metálica. Contarán cun rendemento mellorado, polo que os xogos cargarán máis rápido. Dispoñerán de novos controles: ZR, ZL e panca C, que facilitarán a xogabilidade. As pantallas serán 1,2 veces máis grandes. Sairán á venda tamén bases de recarga de cor branca ou negra, e haberá 12 sets de cubertas.

 

-Nintendo Anime Channel: Unha nova boa para os amantes do anime. Con este servizo, poderemos ver en streaming Kirby, Inazuma Eleven e Pokémon. Tan só hai que descargar a aplicación gratuita na Nintendo Eshop, que estará dispoñible o 13 de febreiro.

 

-CODE NAME S.T.E.A.M.: Este xogo de estratexia sairá á venda a partir do 15 de maio. Contará con personaxes do Fire Emblem como invitados, que loitarán contra os aliens.

 

-Ace Combat Assault Horizon Legacy +: Esta edición contará con novidades, como gráficos en 3D estereotópico, controles compatibles coa New 3DS e avións inspirados na saga de Mario. Tamén será compatible cos Amiibo, que desbloquearán novos cazas como Link ou Fox. Estará dispoñible en febreiro.

 

-Monster Hunter 4: Chegará o 13 de febreiro ás tendas. Ademais, contará con edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL, que terá o xogo preinstalado. A demo está dispoñible para descarga dende onte, e o código necesario para xogala poderase obter a través de correo electrónico.

 

-Xenoblade Chronicles: Este remake sairá ao mercado o 2 de abril para a New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL.

 

-Legend of Zelda: Majora’s Mask A partir do 13 de febreiro, estará dispoñible este remake da Nintendo 64. Haberá tamén unha edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL co xogo preinstalado.

 

-Ironfall Invasion: Este xogo de disparos está anunciado para febreiro.

 

Deixamosvos a continuación o evento por se queredes ver polo miúdo todo o falado neste artigo.

Sobre o autor:

Hikari Chan | Ver as entradas publicadas por Hikari Chan »

«Entrenadora Pokémon dende primeira xeración. Casual gamer. Os videoxogos forman parte da miña vida dende que son unha cativa. A DS sempre me acompaña. E a MO04 tamén.»

Deixar un comentario