Majora’s Mask para 3DS podería saír no verán

Por: Luns, 12 de Xaneiro de 2015

Zelda

A edición para a portátil de Nintendo da aventura de Link que xa poidemos desfrutar en Nintendo 64, de acordo co mostrado por Amazon, chegaría ás tendas o vindeiro 19 de Xuño.

A data mostrada pola web encaixaría ca agardada, que estaría dentro dos primeiros 6 meses de 2015, ainda que Nintendo non fixo pública a data oficial.

 

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

1 Comentario a “Majora’s Mask para 3DS podería saír no verán”

  1. manudebroco di:

    Pois parece que non vai ser no verán, nin se quera na primavera. Será o 13 de Febreiro, a véspera de San Valentín. Non é un mal agasallo… É mellor que unha caixa de bombóns.

Deixar un comentario