O agardado título de TechLand, Dying Light, mostrou nun vídeo un dos modos dos que non se coñecían datos ata fai bastante pouco tempo.
Neste modo, feito para o multixogador, o xogador poderá meterse no corpo dun zombie e cazar ós humáns. Polo visto no vídeo, o zombie terá unha grande ventaxa sobre os xogadores, polo cal o éxito deste modo de xogo ten pinta de que será bastante baixo, polo menos se non son quen de balancealo para que sexa máis desputado.