dota 2

O mundo dos eSport está en auxe en todo o mundo, é algo que incluso podemos ver no noso país coa LVP e a multitude de torneos que alí se celebran de títulos tan dispares como o League of Legends, Dota 2, Smash Bros ou Hearthstone sen esquecer os clásicos Starcraft, Fifa ou Call of Duty; a cuestión é que o que antes se tomaba como un divertimento de nenos hoxe é considerado en moitos sitios un deporte. Tan só temos que fixarnos na final mundial do ano pasado do League of Legends para darnos conta que algo está cambiando.

Volvendo ao Dota 2, xogo que se non coñecedes podedes atopar de balde en Steam, o ano pasado repartiu nada menos que 10 millóns de dólares nas finais, sendo o equipo Chino ‘Newbee’ o campión do torneo premiado con 5 millón de dólares, este ano agárdase que esta cifra sexa aínda maior. The International 2015 celebrarase en Seattle entre o 3 e o 8 de agosto e de seguro que o poderedes seguir polos canais oficiais do torneo en Twitch e Youtube, como xa vén sendo costume.

Un paso máis para o mundo dos eSport que en países como China ou Corea xa ten máis seguidores que moitos dos deportes tradicionais e cuxos xogadores reciben becas deportivas, incluso, en Estados Unidos, conta con visados para estos deportistas para que poidan viaxar a outros lugares do mundo para competir en torneos.

Se aínda non te animaches a probar algún destes xogos anímate , dálles unha oportunidade e cóntanos que tal a experiencia.

Sobre o autor:

@AgosReigosa | Ver as entradas publicadas por AgosReigosa »

«Nintendeiro de orixe gustame xogar e probar de todo. Xogador da Mac Master Race.»

Deixar un comentario