PlayStation Network volve a funcionar

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014

Dende o día de Nadal, PlayStation Network viña sufrindo problemas de funcionamento debido a un ataque de denegación de servizos. A día de hoxe, ó igual que fixo Xbox Live pouco antes, estes problemas foron resoltos e o sistema está totalmente operativo de novo.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario