No Man’s Sky podería saír en 2015

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014

maxresdefault

Sean Murray, un dos creadores do agardado No Man’s Sky, declarou que o xogo, se todo vai segundo o planificado, debería saír durante o vindeiro 2015.

Tamén fixo público que o equipo de desenvolvemento tentará illarse todo o posíbel do exterior para centrarse en rematar o xogo, xa que a expectación que rodea o xogo supón unha presión moi grande para que todo saia segundo o desexado, tanto por eles coma polo público.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario