Star Citizen estrea o seu módulo Arena Commander

Por: Mércores, 24 de Decembro de 2014

cloud_imperium-2531969

Star Citizen, o xogo de naves espaciais desenvolto polo estudo do creador do lexendario Wing Commander, e que está a batir todos os récords de conseguir diñeiro mediante donacións (xa recaudou mais de 67 millóns de dólares), estreou hoxe un novo módulo.

Este módulo, chamado Arena Commander 1.0 mete no xogo novas naves, armas e novas actualizacións, pero o troco mais importante é que mete o agardado lobby para organizar as batallas de naves.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario