OBS logo

As rede sociais, internet e en xeral o gran mundo das comunidades e os usuarios fixeron de nós, consumidores, unha parte fundamental do mundo de circulación das obras pola transformación, que sen querelo ou querendoo, todo sufrimos pasando de simples e meros consumidores a prosumers. Prosumers? Si, non é unha palabra da miña invención, un prosumer é aquel que produce e consume contidos, non necesariamente ao mesmo tempo. Como vos dicía as redes sociais teñen unha gran parte de culpa nisto, xa non nos contentamos con consumir o que nos dan agora nós tamén queremos aportar o noso gran de area xa sexa con fotos, textos, novas que nos parecen relevantes e así.

A gran pregunta que vos estaredes facendo é que ten que ver todo isto co mundo dos videoxogos? Pois que o claro paso do só xogador ao xogador e creador de contidos viu da man directamente do mundo dos gameplays, os directos, Twitch, Youtube e un número interminable de plataformas, sen excluír as redes anteriormente citadas, onde podemos compartir as nosas partidas, vídeos e imaxes dos xogos. Está claro que temos as opcións así que hoxe o que vos traigo, e co que me estreno neste blog, é con Open Broadcaster Software (OBS).

OBS

OBS é un software gratuíto, multiplataforma e de código aberto que nos permite con poucos recursos gravar ou facer streaming das nosas partidas en todo tipos de servizos, como son Twitch e Youtube, sen grandes complicacións e sen consumir demasiados recursos do noso ordenador permitindo unha personalización bastante ampla. Unha das mellores cousas que ten este programa, por se as mencionadas non vos parecen suficiente, é que permite unha configuración total por escenas, cousa moi importante se pensades en facer streaming en directo, deixando engadir multiples cámaras, como pode ser a pantalla do ordenador e unha webcam, e imaxes ou capas para poder personalizar cada unha das pantallas. Por exemplo, no meu caso utilizoo para facer streaming de partidas de League of Legends en Twitch, para o que configuro tres escenas, unha cunha imaxe do xogo a toda pantalla especialmente deseñada para mentres preparo todo, outra cunha capa onde se ve o logo, a webcam, as redes sociais e nun recadro a precarga da partida, e finalmente a pantalla completa onde visualizar a partida.

Se as redes socias fixeron que as opinións de todo o mundo foron un pouco máis accesible OBS fai que as nosas partidas dean ese paso tamén.

Descarga | OBS

Sobre o autor:

@AgosReigosa | Ver as entradas publicadas por AgosReigosa »

«Nintendeiro de orixe gustame xogar e probar de todo. Xogador da Mac Master Race.»

Deixar un comentario