Evento de Nadal de Ubisoft

Por: Sábado, 20 de Decembro de 2014

Coa chegada do Nadal, Ubisoft decidiu unirse as celebracións propias desta época, e fará diversos tipos de agasallos. Dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, grazas a Uplay, poderanse conseguir recompensas diarias como descontos na Uplay Shop e a posibilidade de desbloquear premios gratis para os teus xogos, entre outras. Ademais, 40 privilexiados poderán dispoñer de todo un ano enteiro de xogos para PC de Ubisoft grazas a un sorteo que se realizará ao finalizar a promoción.

Para ter posibilidades de ser un dos gañadores, deberás iniciar sesión os 15 días na páxina para obter «potenciadores» que che axudarán a ter máis posibilidades de ser o gañador do sorteo. Os nomes dos afortunados será publicados despois da súa finalización.

 

Sobre o autor:

Hikari Chan | Ver as entradas publicadas por Hikari Chan »

«Entrenadora Pokémon dende primeira xeración. Casual gamer. Os videoxogos forman parte da miña vida dende que son unha cativa. A DS sempre me acompaña. E a MO04 tamén.»

Deixar un comentario