DayZ chegará as tendas en 2016

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014

Vybor_Exit

Bohemia Interactive declarou que DayZ entrará neste vindeiro 2015 en fase beta e que para o ano 2016 ten prevista a súa aparición nas tendas cunha versión release estable totalmente.

Despois do éxito do mod para Arma II que plantou a semente para o desenvolvemento deste xogo, as críticas e as peticións e esixencias dos xogadores non paran, e máis ainda desde que chegaran aos 2 millóns de copias vendidas no Early Access de Steam. O desenvolvemento deste xogo pasou por fases de novas moi contraditorias, e mesmo o creador do mod, Dean Hall, marchou do estudo que está a desenvolver DayZ para fundar o seu propio.

Da versión de PS4 non se comentou nada novo, mentres que para Xbox One continuamos sen saber se existirá ou non.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario