The Witcher 3 atrásase ata maio

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014

O estudo polaco CD Projekt Red anunciou recentemente que o seu xogo de referencia, The Witcher 3: Wild Hunt adiará o seu lanzamento dende febreiro ata o 19 de maio de 2015.

De acordo co dito polos desenvolvedores, este atraso nas datas é debido a pequenos erros detectados no intre de unir as diferentes partes que dan forma ao xogo, aínda que recentemente estiveron no ollo da tormenta polo downgrade gráfico ao que foi sometido o xogo entre o mostrado nos intres iniciais e no último vídeo, é necesario lembrar que o xogo terá versións de PS4, Xbox One e PC, que podería ser a orixe desta baixada gráfica.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario