Xogos de 2K Games para o E3 2014

Por: Martes, 27 de Maio de 2014

Con este artigo iniciamos a serie que mostrará os diferentes xogos que van ser mostrados ou anunciados durante o E3 que terá lugar nas próximas datas. En primeiro lugar falaremos acerca dos xogos da distribuidora 2K Games.

A compañía Californiana en teoría presenta 3 xogos, cada un cun tema bastante diferente:

Borderlands: the pre-sequel (PC, Xbox 360, PS3)

bl_prsql10581026_ss_04

Como ben indica o seu nome, esta nova entrega da saga sitúase entre o primeiro e o segundo xogo, de modo que cubrirá os 5 anos de diferenza argumental entre os 2 xogos xa existentes. Promete o mesmo que fixeron realidade os seus predecesores, isto é, acción sen freno, personaxes carismáticos e o estilo visual característico da saga.

Inicialmente o xogo non sairá en sistemas de nova xeración, polo que é posíbel que o seu prezo non sexa tan alto como sería en caso de ir a ocupar espazo nos catálogos das consolas de nova xeración. Descoñécense moitos datos acerca desta entrega, pero o tamaño do seu escenario parece estar situado entre os tamaños das dúas entregas anteriores da saga.

 

Civilization: Beyond Earth (PC)

civilization_beyond_earth-2508497

Unha gran nova para os amantes da estratexia. Firaxis anunciou recentemente o desenvolvemento dun novo xogo da lexendaria saga de estratexia por turnos Civilization. Nesta ocasión tomaremos o mando dunha colonia espacial creada nun remoto planeta no que intentar salvar á humanidade da desaparición total. Con estes antecedentes e tendo en conta o estudo que encárgase do desenvolvemento, é imposíbel non pensar naquela obra maestra chamada Alpha Centauri, aínda que os encargados declararon unha e outra vez que os dous xogos non teñen nada en común máis aló do espazo interestelar.

 

Evolve (PC, Xbox One, PS4)

Evolve-From-The-Darkness-0013_1280x720

 

Atopámonos sen dúbida ante un dos xogos máis esperados deste ano 2014. Os creadores da coñecida saga Left 4 Dead asumiron o reto de desenvolver un multixogador online para 5 xogadores no que 4 conformarán un equipo para tentar acabar co 5º. Tendo en conta a revolución que supuxo Left 4 Dead e a súa influenza en xogos posteriores e o modo no que trocou o mundo multixogador para sempre, un únicamente pode esperar con toda a calma posíbel ata o vindeiro 21 de Outubro, data na que, en teoría, Evolve verá a luz.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario