playstation now

Se onte falabamos sobre a próxima aplicación de Sony que nos permitirá a xogar aos seus xogos en calquera dos seus dispositivos, pouco a pouco imos sabendo máis sobre Playstation Now.

John Koller, vicepresidente da compañía, explicou que se recomenda en internet un mínimo de 5 megas para poder empregar sen complicacións este servizo de streaming baixo demanda.

Aínda que polo de momento non sabemos como será exactamente a calidade de Playstation Now, Koller seguíu comentando unha serie de factores:

Chegamos a un punto no que estamos moi cómodos coa tecnoloxía en termos de latencia, e tamén en canto aos xogos que están dispoñíbeis a través de Playstation Now.

Playstation 3 é a nosa punta da lanza en termos de catálogo, xa que cremos que, actualmente, ten a máis actual e máis grande libraría de videoxogos.

Xa sei que a Sony non lle interesa moito, nin sequera ás compañías que ofrecen ofertas de internet, pero que faremos os que vivimos en aldeas? Porque ben sabedes que nelas non chegan 5 megas nin por asomo. Coma sempre, quedamos a un lado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario