Análise de Battlefield 4 (PS4)

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014

Battlefield-4

O meu primeiro contacto coa nova xeración de consolas remata sendo cun dos principais shooters bélicos que sempre se atopaba nun segundo plano, mais que desta volta consegue superar sen moito problema, e en todos os seus aspectos ao Call of Duty: Ghost, saga que ensombrecía a Battlefield.

Despois de ver vídeos sobre xogos da PS4, na miña mente soaba a seguinte frase:

“ O salto xeracional non se vai notar tanto como aconteceu nas anteriores veces”.

Mais o erro era meu, porque unha vez que insertei o disco dentro da consola (e agardas todas as súas actualizacións, algunhas de máis de 600 megas) comprobei nos meus propios ollos que si, nótase a diferenza, tanto a nivel gráfico como de posibilidades.

battlefield 4 2

Tan pronto comeza o xogo (os primeiros compases da historia son sobresaíntes) observas como todo flúe mellor, o primeiro é esquecerse dos tempos de carga dentro da aventura principal, que aínda que pareza algo secundario, agradécese inmensamente. Podes abrir calquera porta, avanzar sen medo cara calquera lugar que terás todo á túa disposición de inmediato. Graficamente é unha auténtica gozada, e iso que é da primeira remesa de xogos, non me quero imaxinar dentro de tres ou catro anos…

Os dentes de serra desaparecen case na súa totalidade e a cantidade de partículas independentes na pantalla multiplícanse, o que conleva que os escenarios estean sempre máis cheos de detalles. Así mesmo, os efectos de luz chegan agora a un nivel moi alto, exemplificándose isto sobre todo nas filtracións da luz por recantos. Ver filtrarse a luz a través das pólas das árbores é unha marabilla.

O nivel gráfico de Battlefield 4 é moi notable en todos os seus aspectos, sen esquecernos do deseño das personaxes, pasando polos escenarios, suficientemente variados entre eles como para ver na nova xeración auga, lume, lugares urbanos, selváticos…
Pero hai algo máis que salto gráfico?

Pois seguimos afirmando este feito. A historia principal, aínda que non moi lonxeva (entre seis e sete horas), ademais de entrarnos polos ollos, preséntanos misión realmente tensas, así como modificacións dos escenarios a tempo real. Non é difícil ver como o temporal arrastra obxectos ao mesmo tempo que nos dificulta o noso andar, ou ver como un avión derruba un edificio enteiro.
Recalco que todo está en movemento en Battlefield 4. Tampouco vamos ser tan benévolos, porque na gran maioría dos casos podemos premeditar o que vai acontecer, mais penso que xa é cousa dun estancamento substancial nos FPS, no que copiar e pegar en diferentes situacións abondan para realizar un xogo.

De todos os xeitos, a historia principal sorprende en todo momento, e aínda que na miña opinión vai perdendo “emoción” nos últimos compases, mantente atento en todo momento.

Mais Battlefield sempre foi máis ca iso e sempre foi un referente multixogador.

Os que me coñecen saben que non son moi amigo dos multixogadores, mais co salto xeracional, decidín adentrarme de proba, co xogo do que moitos presumen como mellor multixogador da historia.
O online de Battlefield 4 ofrécenos a posibilidade de manter a 64 personaxes en pantalla nunha guerra aberta. Gran variedade de posibilidades, aínda que todos se basean nun mesmo obxectivo, matar ao inimigo. Isto soa obvio, pero ségueme parecendo bastante caótico, no que o ensaio erro vale máis que a pericia do xogador.
Colocar unha bomba nas zonas inimigas, catro rangos que escoller (enxeñeiro, apoio, recoñecemento e asalto), guerra aberta (con vehículos incluídos), cinco contra cinco, sobrevivir a asaltos inimigos…

Estes son só algunhas das variantes que nos ofrecen sen pagar, porque hai que ter moi claro que hoxe en día todo se pode pagar, o que inclúe unha modalidade máis, así como novos mapas. Mais podedes estar seguros que só cos mapas que trae o título teredes multixogador para fartar.

battlefield 4 3

Os escenarios do online de Battlefield 4 tamén hai que resáltalo, porque segue mantendo a modificación deles a tempo real, así, ao mesmo tempo que facemos fronte ao inimigo, vemos como un temporal arrasa con edificos, ou mesmo podemos derrubar paredes enteiras para entrar. Unha verdadeira pena que non ampliaran o número de escenarios, mais como dixen, teredes online para dar e tomar, xa que o que máis me gustou é o incremento de posibilidades do noso propio soldado. Pouco a pouco imos subindo de rango, mais o que de verdade nos favorece son as modificacións de armas que nos ofrecen, que gotiña a gotiña iremos construíndo un personaxe adaptado ás nosas características.

Entón, como persoa que non está acostumada aos onlines aprobo este?. A verdade é que si, aínda que o constante caos que vemos en pantalla fai ter moita paciencia, sobre todo ao principio que temos o personaxe “en coiro”, resulta moi gratificante ver como o noso soldado vai adquerindo ítems que nos axudan nas nosas misións.

E os que estades máis acostumados ao online asegurarvos que tedes ante vós un xogo case infinito, cos seus problemas que se solución de cando en cando con novas actualizacións, pero que no seu cómputo xeral deixa un excelente sabor de boca o que me leva ao seguinte.

Se poñemos como referente a diferenza entre Resistance e The Last of Us na vida da PS3, e neste caso o Resistance sería Battlefield 4, que xogo equivalerá ao The Last of Us?

PUNTUACIÓN
  • GRÁFICOS:
    9.4
  • SON:
    9.5
  • XOGABILIDADE:
    9.1
  • DIVERSIÓN:
    9
  • MULTIXOGADOR:
    9

  • FINAL:
    9.2
NOTAS DOS USUARIOS

Ningún usuario opinou aínda sobre este videoxogo.

Podes ser o primeiro en facelo.

  • 0
  • 0
  • 0
  • 0
  • 0

  • 0

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario