Tomb Raider tamén chegará á Xbox One e PS4

Por: Mércores, 20 de Novembro de 2013

tomb raider 2

O xenial videoxogo Tomb Raider, non vos perdades a análise que fixemos meses atrás, chegará tamén ás consolas de nova xeración.

Todo comezou un rumor, mais este chegou a facerse realidade, despois de que Square Enix afirmase que esta nova entrega chegará á Xbox One e PS4 este mesmo 7 de decembro.

Isto baixo o nome de Definitive Edition, é dicir, con todos os DLCs e descargas que foron saíndo.

E aínda que do prezo aínda non dixeron nada, Amazon Italia arriscouse a poñelo a 59.99€.

Serei honesto, non me gusta nadiña que a nova xeración comece a valerse de “ports” de consolas anteriores, porque ben vimos o que aconteceu nesta xeración cando comezaron a sacar “ports” en HD da PS2, que nun breve período de tempo estabamos inundados destas reedicións.

Espero que quede nun caso illado e que nesta nova xeración que entre nos sorprendan con novas propostas e que non se alimenten do xa feito.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario