fm5
Nunha recente entrevista, o diretor creativo do estudo Turn 10, Dan Greenawalt confirmou que a nova entrega da saga Forza Motorsport soamente contará con 200 coches e 14 circuítos. Estas cifras chaman aínda máis a atención se botamos a vista atrás e vemos que a entrega anterior contaba con 500 coches e 26 circuítos.

Entre as baixas nos trazados, cabe destacar a ausencia de circuítos como Suzuka, Infineon Raceway ou o “Inferno verde” de Nürburgring.

“Algúns dos circuítos precisaban ser actualizalos. Algúns había que actualizar a iluminación e outros requerían unha grande actualización. Silverstone, por exemplo, foi totalmente recapturado. Varias das nosas pistas estaban mal, ben porque foron mal capturadas e a tecnoloxía mellorou ou ben porque a pista cambiou, como no caso de Silverstone.”

“Graduamos os circuítos segundo o estado no que están e, se non cumpren os requisitos, sacámolos fóra. Para min, non foi tanto de se quero incluír éste ou aquel. Quixen dar a calidade da nova xeración e iso significa ter os shaders e imperfeccións do formigón. A maneira máis sinxela de ter iso é escanear con láser todo o circuíto, xa que captura todas esas imperfeccións. Tiñamos referencias antigas dos circuítos onde, se as pistas estaban preto, puidemos volver a esa antiga referencia e recrear esa imperfección. Por definición, iso significa que esas pistas levan máis tempo de traballo que ata o de agora.”

“Estamos vendo de escanear con laser os circuítos, que é ao que se reduce todo agora mesmo. Queremos que sexa un estándar para a vindeira xeración. O noso obxectivo non é traer contido antigo e, mesmo cos coches, fixemos o mesmo proceso. Había algunhas incorreccións e algúns coches tiñan especificacións anticuadas e tivemos que actualizadas do Forza 2 ao 3 e ao 4. Pero non tiñan o número de polígonos que queríamos e non era tan sinxelo como aumentar a resolución, así que simplemente os capturamos de novo. Algúns deles, tiñan as especificacións ben e puidemos engadir polígonos onde os precisabamos. Por iso chegamos a este sistema de calificación e calquer circuíto ou coche que non tivese unha calificación sobresaínte foi quitado ou recapturado.”

silverstone

Aínda hai esperanzas de que eses trazados volvan ao xogo. De feito hai rumores de que están a traballar no circuíto de Nürburgring e que podería chegar a comezos do ano que ven, mais dende Turn 10 non se comprometen a nada:

“Estamos a ver que incluímos como DLC. Evidentemente, estamos centrados nos coches, que é algo que facemos ben. Estamos a pensar nos circuítos tamén, así que veremos que podemos facer.”

Entre os novos circuítos incluídos no novo Forza, cabe destacar Spa-Francorchamps, sede do GP de Fórmula 1 de Bélxica e o australiano de Bathurst’s Mount Panorama, coa súa coñecida sección de montaña.

Se ben o número de coches é moito menos, dende o estudo destacan a súa diversidade, incluíndo por primeira vez na saga monoprazas coas rodas descubertas, como o Dallara DW12, empregado nas Indycar Series e dous F1 clásicos, como son o Ferrari 312T e o McLaren M23, ambos do ano 1976. Nun novo anuncio sorprendente no tráiler de lanzamento (que podedes ver máis abaixo), tamén incluirán o monopraza que na tempada actual pilotan Kimi Räikkönen e Romain Grosjean, o Lotus E21.

ferrari-312T

Outros dos atractivos son dous dos últimos superdeportivos en chegar ao mercado, o McLaren P1 e o híbrido Ferrari LaFerrari, aínda que éste último chegará nun dos primeiros DLC’s de pago. Respecto a isto, Greenawalt comentou:

“A cousa con estes superdeportivos é que se traballou neles moi tarde.”

“Incluso co P1, que tivemos no stand do E3, pero cambiou dende entón. Engadiron máis proteccións baixo os escapes e modificaron a malla da parte traseira. Unha cousa é facer un Focus, que cando está feito, está feito e Ford vai fabricalo en masa, pero cando falas dun coche do que únicamente se van facer 300 unidades, poden cambialo en calquer momento.”

Sobre a decisión de incluír o LaFerrari nun DLC, comentou:

“Vimos que o xogo ten algo máis de 200 coches e todos teñen este nivel de detalle cunha enorme variedade. Para nós foi un enorme éxito ter os DLC’s de pago. Aqueles que non o queren, non teñen porqué telo e aqueles que o queren, poden mercalo. O pase de tempada permite mercalos todos cunha subscrición.”

Falando do tema dos novos superdeportivos, bótase de menos o Porsche 918 e dende o estudo non se pronunciaron ao respecto se foi un problema de licenzas (como xa pasou no Forza 4, se ben, todos sabemos que ao final acabaron incluíndoos nun DLC, de pago, evidentemente…).

O pase de tempada do Forza 5 custará 49,99 € e, como na entrega anterior, incluirá 6 DLC’s con 10 coches cada un e serán publicados mensualmente dende o vindeiro xaneiro ata xuño.

“A resposta foi boa. Iso non quere dicir que todo o mundo esté contento. A xente estivo mercándoo e despois xogando.”

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario