Nexon

O xefe financieiro de Nexon, Owen Mahoney, fixo unhas declaracións sobre a diferenza entre dispositivos móbiles e consolas e as súas palabras son para pensar a verdade:

A miña sensación é que as consolas farán moito no primeiro ou os dous primeiros anos, mais non penso moito nas consolas. A día de hoxe a diferenza entre as dúas está parcialmente definida como a que hai entre un MacBook Air e un Ipad. Están moi cerca, son dispositivos moi similares. Cando noso proxecto saia nun par de anos serán practicamente o mesmo dispositivo.

Continuou exemplificando:

Se unha consola che colle no peto xa non necesitas que estea enganchada a unha televisión ao 100% do tempo. Cando vexo aos meus fillos xogar, a maioría do tempo están xogando cun portábel ou unha tableta, en fronta dunha pantalla de 60 pulgadas cun par de consolas unidas. Sinxelamente, xa non lles interesan.

Declaracións que me producen tristeza, porque non deixa de ser un paso máis cara a evidencia, a desaparición das consolas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Consolas e móbiles serán o mesmo dispositivo nus anos”

  1. NetOverflow di:

    Típicas declaracións no mundo tecnolóxico que, se pasados uns anos non se cumpre, ninguén se lembra delas, pero se acerta, chamarano “visionario”…

    Tamén pronosticaron que as tablets ían acabar cos PC’s. Que queres que che diga, hai certas cousas que vexo moi complicado que se poidan facer neses dispositivos. Cada cousa é para o que é.

    Non creo (e tampouco quero) que chegue a cumprirse, pois por moito que os fillos deste tipo pasen dunha consola conectada a unha tele de 60 polgadas, a min dame iso e non unha consola portátil.

Deixar un comentario