ffvii-remake_2

Final Fantasy VII, despois de tantos anos despois do seu lanzamento aínda é nova a día de hoxe.

O rumor sobre a posibilidade dun remake actual camiñou por toda a rede ilusionando a tantos fans, mais foron Motomu Toriyama e Yuji Abe (director e deseñador de Lightning Returns:Final Fantasy XIII) quenes negaron este feito.

Polo que parece afrontar un proxecto destas características suporía un custo moi elevado para realizalo correctamente, xa que un remake deste clásico conlevaría redefinir e cambiar practicamente todo, polo que sería moi parecido a crear un xogo novo.

Remataron por comentar que aínda que existe interés en Square Enix por afrontar este proxecto, de momento a compañía nipona non vai a dar luz verde a esta produción a curto prazo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Polo de momento non se ten previsto lanzar un remake de Final Fantasy VII”

  1. […] Polo momento non se ten previsto lanzar un remake do Final Fantasy VII […]

Deixar un comentario