Assassins-Creed-IV

A próxima entrega da sobre-explotada saga Assassin´s Creed chegará o 29 deste mes a Xbox 360 e PS3 e como é normal, toca vendelo ben aos consumidores.

Pois Jean Sebastien Decant, deseñador do título comentou que superar o título ao 100% poderá levarnos unhas 80 horas, número que non está nada mal para un xogo destas características:

Completar a historia principal pode levar unhas 20 horas, e conseguir os obxectivos adicionais, unhas 60 horas máis. Sobre o tamaño do mapa non podería dicir números, mais temos tres grandes cidades, comparadas con outros xogos, son tres cidades enormes e quince localizacións únicas ao redor do mundo, ademais dun montón de illas onde podes construír edificios e cousas así. Recorrer o mapa en barco podería supoñer 15 ou 20 minutos sen parar.

Para aqueles fans da saga estas palabras son motivo de alegría, e poida que teñan Assassin´s Creed para tempo.

Facemos unhas aposta? Canto tardarán en anunciar un novo título da saga? Tic, tac, tic, tac…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario