willem-defoe

Sen aínda darlle unha oportunidade á crítica da súa nova obra, “Beyond: Dúas Almas“, o polémico David Cage xa está acusando aos medios críticos e analistas de non saber mirar máis alá, e non saber valorar o seu último videoxogo.

Parece ser que o creador non está contento coas críticas que está levando até o de agora Beyond: Dúas Almas, e pensa que a culpa é de ser demasiado conservador:

Algunha xente pode ser moi conservadora sobre este medio, e iso resulta frustrante. Algunha xente quere que os xogos sexan para sempre o que foron nestes últimos 30 anos, pero con máis polígonos. Ninguén debería ter permiso para definir que é un videoxogo ou que non o é; ninguén ten ese poder.

Un videoxogo pode ser cousas moi diferentes. Angry Birds é un xogo; Call of Duty é un xogo; World of Warcraft é un xogo; Gone Home é un xogo. Quén pode decidir “ti es un videoxogo”, “ti non es un videoxogo”, “ti non es da familia”?. Non. Abramos este medio a calquera que teña ideas diferentes, é xenial ver á xente intentanto facer xogos onde disparar non é o principal.

As palabras de Cage non deixan a niguén indiferente, e se as dixese noutro momento da súa traxectoria concordaría ao cen por cen, mais sacar estas declaracións xusto despois da saída do seu novo xogo, e de comprobar como a crítica non foi como esperaba, parece un “berrinche” de adolescente.

De todos os xeitos apoio con toda a miña forza a todos aqueles desenvolvedoras que queren innovar neste mundo, aínda que conleve arriscarse demasiado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “David Cage: “Algunha xente pode ser moi conservadora sobre este medio, e resulta frustrante””

  1. Non creo que David Cage sexa precisamente un dos innovadores do videoxogo. Se cadra si unha das mostras de que é un mundo que aínda precisa madurar, mais non polo que el cre, senón por todo o contrario.

    David Cage nega o videoxogo, achégao ao cinema e aos libros de elixe a túa propia aventura. É curioso que el estea a chamar conservadores aos seus detractores cando dificilmente poida existir postura máis reaccionaria que aquela que pretende desprover de xogabilidade o videoxogo. Que parte da “crítica” o elevase aos altares evidencia a súa inmaturidade, o videoxogo debe de expandir a súa xogabilidade no canto de contraela como pretende Cage. É un deses “envexosos de Hollywood” aos que se refería hai moitos anos Ron Gilbert, que fan videoxogos cando lles gustaría estar a facer filmes.

    A madurez no videoxogo dende logo que non se vai acadar engadindo un chisco de interactividade aos telefilmes de sobremesa.

Deixar un comentario