swtor

 O MMO de Bioware engade hoxe unha importante cantidade de novos contidos. Entre eles chéganos unha nova área de misións diarias para xogadores de nivel 55 na misteriosa paisaxe de Oricon, onde deberemos enfrontarnos a un inimigo común a república e imperio; os Dread Masters.

Chégannos tamén duas novas operacións e novas areas PvP, unha nova organización na que gañar reputación e premios para cada bando, novas armaduras, monturas e vehículos, etc. Ligadas a esta actualización hai tamén unha grande cantidade de pequenas modificacións e engadidos a cada clase que poden ser consultadas íngramente na páxina oficial.

“The Dread War” preséntanos pois novos retos e áreas cos que alongar o interese dun título que volveu achegarse aos dous millóns de xogadores dende o seu paso á formula Free to Play, e que ofrece o interesante sistema de diálogos e inclinacións morais de Bioware. Iso si, en perfecto inglés.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario