Segundo anuncio de Valve: SteamMachines

Por: Xoves, 26 de Setembro de 2013

steam_machines
Hai dous días, a compañía Valve anunciaba o seu sistema operativo SteamOS.

Onte facían o segundo dos tres anuncios que teñen programados: SteamMachines.

Nunha estratexia para conquistar os salóns das nosas casas, Valve vai lanzar varios modelos de PC’s, todos funcionando co seu SteamOS, por suposto. Está previsto que cheguen ao mercado durante o 2014.

Pero antes do seu lanzamento oficial, queren que 300 dos seus usuarios proben esas máquinas para comprobar que todo funciona ben.

Se queres participar nesta proba, estes son os requisitos:

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA BETA:

Antes do 25 de outubro, inicia sesión en Steam e visita a túa páxina de logros para comprobar que podes participar na beta.

  1. Únete ao Steam Universe community group.
  2. Acepta os Termos e condicións da Steam Hardware Beta.
  3. Fai 10 amigos en Steam (se aínda non os fixeches).
  4. Crea un perfil público na Comunidade Steam (se aínda non o fixeches).
  5. Xoga cun mando a un xogo no modo Big Picture.

Máis información na páxina oficial.

O seguinte anuncio, nunhas 33 horas, tal como marca o contador. Que nos anunciaran desta vez?

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario