SteamOS, o novo sistema operativo de Valve

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013

steamos
Fai uns días coñecíase que Valve faría tres importantes anuncios en breve. Onte fixeron o primeiro deles: SteamOS, un sistema operativo gratuíto baseado en Linux deseñado para as televisións e salóns dos nosos fogares.

Permitirá xogar na televisión a xogos do PC a través de streaming e contará con servizos de música e video.

Segundo di a compañía conseguiron notables melloras no rendemento gráfico co SteamOS e xa traballan na mellora do son.

“A medida que traballamos para levar Steam ao salón, chegamos á conclusión de que o mellor entorno para os usuarios era un sistema operativo creado ao redor do propio Steam.”

“SteamOS combina a sólida arquitectura de Linux cunha experiencia de xogo creada para unha pantalla grande. Estará dispoñible pronto como un sistema operativo libre e independente para os aparellos do salón.”

Pronto estará dispoñible para descargar na súa páxina oficial.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario