RIP Hiroshi Yamauchi (1927-2013)

Por: Venres, 20 de Setembro de 2013

yamauchiOnte morreu, con 85 anos, o home que converteu Nintendo no que é hoxe en día.

Hiroshi Yamauchi foi o presidente da compañía durante máis de 50 anos, e foi el quen tivo a idea de introducir a vella empresa de xogos de cartas no mundo do entretemento electrónico.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario