O novo redeseño de PS Vita non chega a Europa

Por: Mércores, 11 de Setembro de 2013

Playstation-Vita-2000

Se fai un par de días anunciabamos que a PS Vita contaría cun redeseño completo no que diminuiría o seu tamaño, así como algunha que outra mellora interna.

Agora Sony acaba de anunciar que a xa denominada PS Vita 2000 só chegará ao mercado Xaponés.

Segundo o portavoz da compañía, están a considerar todas as posibilidades con relación a esta consola, mais polo de momento non hai ningún anuncio para Europa.

Polo tanto xa sabedes, de momento teremos que conformarnos coa versión inicial de PS Vita, aínda que non me sorprendería en absoluto que nun futuro, non moi lonxano, PS Vita 2000 chegase a territorio europeo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “O novo redeseño de PS Vita non chega a Europa”

  1. ssnake di:

    Se non chega moito mellor, xa que e un paso atras, cambianlle unha das virtudes que e a pantalla OLED de Vita por unha pantalla LCD.

Deixar un comentario