Hoxe chegounos ao correo de contacto unha colaboración escrita por anxo_cruel sobre este videoxogo:

pier-solar
Quizais algúns de vos non o saibades, pero no ano 2010 saiu un xogo RPG polo 20 aniversario da xa mitica Sega Mega Drive.

O videoxogo é rexión free e as versións PAL-EUR inclúen os idiomas inglés, francés e alemán, as versións NTSC-EUA inclúen os idiomas castelán, portugués e inglés, e as versións NTSC-Xapón castelán e inglés xa que en xaponés non había tradutores moi bos, pero creo que a día de hoxe, xa existe tradución ao xaponés. Eu merquei a versión xaponesa no seu lanzamento e non traía xaponés.

O RPG está moi ben, ao máis puro estilo RPG por turnos tipo Final Fantasy. Tamén viña como opcional un CD pra ter a música en calidade 32 bits en lugar do cartucho que é 16 bits. Para esta opción, precísase Mega CD.

O xogo saiu á venda cun prezo de 24 dólares e mercábase via PayPal. A día de hoxe xa se plantexa un remake pra Wii U, Dreamcast, Android, etc., pero sen dúbida, a mellor parte é a de quitar as vosas teas de araña á vosa querida Sega Mega Drive. xP

Máis información na páxina oficial.

Se vós tamén queredes falar sobre algún videoxogo, consola ou o que sexa do mundo dos videoxogos, non dubidedes en enviarnos o texto e publicarémolo en canto poidamos. 🙂

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario