080913-general-chaos

imaxe promocional da nova versión

Ou polo menos eso é o que pretenden desde Game Refuge, o equipo creativo responsable do xogo orixinal, se consiguen o orzamento suficiente mediante unha campaña de crowfunding en Kickstarter. “General Chaos II: Sons of Chaos”,  nome co que sería bautizado o xogo vería a luz para ser xogado en PC e alcanzando maiores niveis de financiamento tamén contaría con versións para Xbox360 e PS3.

timthumb.php

imaxe dunha das batallas no xogo orixinal

General Chaos foi publicado por Electronic Arts no 1994 exclusivamente para Sega Mega Drive, resultando unha orixinal e fresca mistura de xéneros entre acción e estratexia. O xogador debía escoller entre dous pequenos países enfrontados, representandos por sendos xenerais, e ir conquistando territorios (reflexados nun mapa estilo ao do xogo de mesa Risk) ata chegar a capital do rival. Para a loita por cada un dos territorios debías escoller o teu batallón entre diferentes equipos formados por cinco tipos de soldados diferentes, cada un deles cunhas características definidas e cun armamento diferente, o que os facían únicos no campo de batalla. Mais onde verdadeiramente destacaba o xogo, era na súa opción multixogador, sendo antolóxicos os piques que xurdían contra os teus rivais.

General Chaos II: Sons of Chaos, pretende facernos revivir esas batallas, pero apoiado en todo o que nos poden ofrecer as novas plataformas: novo entorno gráfico, deseño actualizado e multixogador en rede. Vai haber que ir escollendo bando: o do Xeneral Chaos ou o do Xeneral Havok, os vermellos ou os azuis. A diversión está asegurada.

General Chaos interior

Redeseño dos disitintos tipos de soldados, fai falta sinalar cal é o orixinal?

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario