retrodeMoitos somos os que almacenamos cartuchos de 8 e 16 bits na casa, sen ter na maioría das ocasións as vellas consolas en estado operativo. Ata agora, pouco máis podíamos facer que mirar para a nosa colección e xustificarnos díante da familia decindo que os gardamos porque gañan valor co paso do tempo e dentro duns anos venderemolos nunha cuantiosa operación comercial argallada por internet. Mais mentres non chega ese intre, o dispositivo Retrode permitenos utilizar cartuchos da Super Nintendo e da Mega Drive (incluíndo adaptadores tamén Nintendo 64 e mesmo Master System) en calquera ordenador con porto USB, sexa Linux, PC ou MAC.

Sabemos que hoxe en día en moitas webs se poden emular as rom’s de todo o catalogo desas consolas, e o dispositivo Retrode ten un custo duns 65€, mais ademais de asegurarte a procedencia totalmente lícita dos xogos, volver xogar ao teu cartucho do Gunstar Heroes non ten prezo! E mesmo coa posibilidade de recuperares as partidas gardadas hai anos neses cartuchos.

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario